Martes. 19.03.2024
El tiempo

Lucas Rey, o porteiro costeiro abre a súa canle de Youtube para pasar a corentena

Luk Hard-Lucas Rey de Corme no Youtube sobre porteiros
Luk Hard, Lucas Rey, crea a súa canle de Youtube sobre porteiros
Lucas Rey, o porteiro costeiro abre a súa canle de Youtube para pasar a corentena

Ten só 16 anos, é natural de Corme e é porteiro do Ponteceso SD na liga Xuvenil. E coma tod@s, está illado na súa casa. Con esto da corentena, e de aproveitar o tempo, púxose a argallar, e vén de crear a súa nova canle de Youtube sonbre gardamallas: Luk Hard.

En 5 días xa ten 400 suscritores, e máis de 1000 reproducións, polo que, co apoio das súas redes de Facebook, Instagran e Tiktok espera seguir expandindo os seus tutoriais sobre cousas que interesan aos porteiros.

   
  • QPC: Como se che ocorreu crear unha canle de Youtube?

Ocorréuseme con esta corentena. Mentres estamos illados a xente pode ver o meu canal e eu seguirei con el despois de que pase isto. Irei ao Cairo ou ao Pinguel facer retos de fútbol, e ir polos campos da Costa facendo Reviews.

 
  • QPC: De onde sae o de Luk Hard?

Luk vén de lucas e HARD de duro traballo, pois para conseguir a miña meta, tanto en Youtube como na vida, e sendo porteiro máis, é fundamental. Levo toda a miña vida de porteiro dende os 7 anos e agora teño 16 e con sacrificio fon mellorando ata agora.

 
  • QPC: Porteiro de corazón, ti, non?

E teño un lema. A xente pensa que os porteiros só valen para unha cousa. Parar. Pero os porteiros son os que manteñen a todo o equipo. Un erro do porteiro pode conlevar a un gol pero unha parada dun porteiro pode conlevar a gañar un mundial.

 
  • QPC: Que porteiros de referencia tes, tanto no fútbol profesional como no Fútbol da Costa?

Teño a 2 grandes porteiros. O primeiro e a Jan Oblak, como un gran gardameta con reflexos e con altura. Con moito traballo el chegou arriba. Tamén teño a Dani Giménez, humilde e demostrando a calidade que ten.

Un gran referente para min do Fútbol da Costa é Suso, do Corme. O sacrificio que pon e despois a axilidade que demostra no campo son impresionantes. Tamén teño a Diego Mallo, do CD Baio, que demostra día a día que está chegando lonxe coa súa calidade e é un rapaz impresionante.

 
  • QPC: Que aspiracións tes?

Eu pola miña parte, estou orgulloso de min, con traballo xoguei na primeira Selección da Costa xogando nas comarcais en Xinzo de Limia, torneos en Corme, Soneira e 2 Vidú Cups para xogar os mellores equipos de Galicia e de fóra. E seguirei medrando.

 

Comentarios