Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Malpica foi a capital do Fútbol Base por Semana Santa

Malpica foi a capital do Fútbol Base por Semana Santa
Xallas FC 2-1 Imperátor OAR, categoría prebenxamín Imaxe do Xallas FC 2-1 Imperátor OAR, categoría prebenxamín

Convertiuse a vila malpicá de Buño na auténtica capital do Fútbol Base. Había parón ligueiro, pero moitos dos equipos do norte da bisbarra tiña cita no Campo de Xaviña para participar no II Torneo de F8 Concello de Malpica. Foron 24 equipos e uns 300 cativos os que disfrutaron do fútbol en toda a súa esencia. As cifras de asistentes ademais foron fantásticas, pois segundo a organización preto de 3000 persoaspasaron polo campo da vila oleira.

No deportivo, as Escolas de fútbol Luis Calvo Sanz, nas categorías prebenxamín e benxamín, e o Cabana SD, en categoría alevín, foron os campións da segunda edición do Torneo malpicán.

Os máis peques

EDM Malpica, subcampión prebenxamín EDM Malpica, subcampión prebenxamín

Na categoría prebenxamín, as Escolas de fútbol Luis Calvo Sanz e as Escolas Deportivas Municipais de Malpica foron os grandes dominadores na fase de grupos e ambos equipos chegarían a final tras superar con solvencia nas semifinais ao Laracha CF e ao EDM Ponteceso.

Na final, o encontro predicíase igualado pola traxectoria de ambos finalistas pero os carballeses acabarían proclamándose campións do II Torneo F-8 Concello de Malpica tras golear ao EDM Malpica.

EDM Ponteceso, 4º clasificado prebenxamín EDM Ponteceso, 4º clasificado prebenxamín Xallas FC prebenxamín Xallas FC prebenxamín

En Benxamíns, tamén os carballeses

EF Luis Calvo Sanz, campión benxamín EF Luis Calvo Sanz, campión benxamín

En benxamíns, dende o comezo do torneo o EF Luis Calvo Sanz mostrou a súa superioridade cun fútbol atractivo e de toque que os levou á fase final acompañado por un gran Laracha, un sólido Cabana e un rocoso Sofán.

Na fase final desta categoría, o Luis Calvo e o Laracha prantaríanse na final tras eliminar ao Sofán e ao Cabana, respectivamente. No partido decisivo, os carballeses redondearían un campionato de fantasía cunha gran victoria ante un Laracha moi novo, que demostrou que pode competir con calquera equipo a pesar da súa xuventude.

Laracha CF, subcampión benxamín Laracha CF, subcampión benxamín SD Sofán, 4º clasificado benxamín SD Sofán, 4º clasificado benxamín

Os cabananeses alevíns

Cabana SD, campión alevín Cabana SD, campión alevín

Na categoría alevín, Cabana, Xallas e Ponteceso mostraron ás súas cartas dende o principio para estar na fase final, na que estarían acompañados por un Imperátor que se clasificou na última xornada.

Na fase final, Iker Arán (Xallas FC), mellor porteiro da categoría, metería aos seus na final logo de parar tres penaltis dos catro que lle lanzaron os xogadores do Imperátor. Os xalleiros disputarían o título co Cabana logo de que os homes de José Manuel Vázquez superasen pola mínima ao Ponteceso no derbi.

No partido decisivo, o Cabana superaría ao Xallas para proclamarse campión do II Torneo F-8 Concello de Malpica.

Cabana SD, campión alevín Cabana SD, campión alevín Imperátor OAR, 3º clasificado alevín Imperátor OAR, 3º clasificado alevín EDM Ponteceso, 4º clasificado alevín EDM Ponteceso, 4º clasificado alevín Iker Arán (Xallas FC), mellor porteiro alevín Iker Arán (Xallas FC), mellor porteiro alevín

Os mellores

Malia que a estas idadaes o importante é participar, moi contentos quedaron os cativos que levaron premios individuais. A Escola de Porteiros Nordés, da man dun dos seus propulsores como é Óscar Rama “Trucho”, foi a encargada de premiar aos mellores porteiros de cada categoría. Diego García (EDM Ponteceso) en prebenxamíns,
César Rodríguez (Laracha CF) en benxamíns e Iker Arán (Xallas FC) en alevíns foron os escollidos pola organización para recoller os galardóns. No que respecta aos trofeos de mellor xogador da competición, os elexidos foron Sergio Ventureira (EF Luis Calvo Sanz), quen foi o motor do seu equipo para conseguir o título de campión na categoría prebenxamín, o benxamín Héctor Areosa (EF Luis Calvo Sanz) que puxo a fantasía e demostrou ter algo especial sobre o césped e Miguel Blanco (Cabana SD), quen cos seus goles e coas súas asistencias levou ao seu equipo ao máis alto na categoría alevín. Todos eles recolleron os seus galardóns da man de Marisol Blanco, concelleira de Servizos Sociais.

Ao remate da competición, os equipos recolleron os seus respectivos trofeos, feitos polos oleiros de Buño , de mans de Eduardo Parga, alcalde de Malpica, e de Iago Espasandín, concelleiro de deportes. Ademáis cada xogador levouse unha medalla diseñada polo oleiro Chucho de Mindiringuín.

Sergio Ventureira (EF Luis Calvo Sanz), mellor xogador prebenxamín Sergio Ventureira (EF Luis Calvo Sanz), mellor xogador prebenxamín Miguel Blanco (Cabana SD), mellor xogador alevín Miguel Blanco (Cabana SD), mellor xogador alevín Diego García (EDM Ponteceso), mellor porteiro prebenxamín Diego García (EDM Ponteceso), mellor porteiro prebenxamín

Novas relacionadas

  • Todos os peques ao campo de F8.
  • Máis información

    Fonte

    • Información de David Castro e Fotos de Criss Becerra.

    Comentarios