Malpica toma o relevo de Carballo e Dumbría como centro do Fútbol Base

07:54 14/06/18
Cun ollo obrigatorio nas Finais da Copa da Costa Infantil e Cadete, A pasada fin de semana Carballo e Dumbría foron protagonistas en materia de fútbol base. Pola capital bergantiñá celebrábanse dous torneos de altura, como son o Torneo das Escolas Luís Calvo, e o Torneo do Sofán. Ademais, por Dumbría celebrouse o Memorial ANdujar, e os Veteranos xa preparan o Torneo de Novas promesas cadetes”. Ademais, a actualidade mira esta fin de semana a Malpica, onde se celebrará a Vidú Cup.
Imaxe do Torneo do Carral Mágoa o tempo que fixo ao longo da fin de semana que empañou, aínda que só lixeiramente, o rotundo éxito dos dous torneos celebrados en Carballo. No Carral, 18 equipos da zona competiron ante unhas ateigadas bancadas cheas de familiares. O campo, en estado espectacular deixou fermosas xogadas e unha bonita xornada de convivencia entre todos os equipos da comarca.
A Selección Sub12 no Torneo de Carballo Nas Eiroas tiña lugar o XIV Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo, que reunía a moitos dos mellores equipos do norte na península. Sporting de Gijón, Real Sociedad, Celta, Depor, Bergan… competiron man a man. Moito ambiente nas bancadas a pesar do tempo. Entre os combinados, estaba a Selección Sub-12 da Costa, que competíu mellor que nas últimas experiencias. Ademais atopábase o club AFA Angola, que deixou da man de Nelinho boa parte dos sorrisos da fin de semana. Un dos máis importantes, o que protagonizaron con QPC, que colaborou facendo entrega dunha marea de material deportivo que viaxa xa cara os colectivos menos favorecidos do país africano. https://quepasanacosta.gal/qpcsolidario-unha-marea-de-material-deportivo-do-futbol-da-costa-para-angola/
II Malpica Vidú Cup
Este próximo sábado 16 de xuño, os campos de fútbol do Concello de Malpica de Bergantiños farán que este se convirta na capital galego-portuguesa do fútbol Sub-15 coa celebración da segunda edición da Malpica Vidú Cup. O propio consistorio malpicán e a Asociación Deportiva Vidú poñen en marcha a II Malpica Vidú Cup, un torneo de categoría Sub-15, que empeza a consolidarse no panorama futbolístico de verán e no que volverán a participar varios dos equipos máis importantes de Galicia como son o Real Club Deportivo de A Coruña, o Club Deportivo Lugo, o Pontevedra Club de Fútbol ou o Bergantiños CF, ademáis de dúas seleccións comarcais como son a Selección Coruñesa e a Selección da Costa da Morte, esta última exercerá de equipo anfitrión, e dous clubes portugueses de renome como o Vitória Sport Clube de Guimarães e o Grupo Desportivo Chaves.
Torneos de Carballo


Memorial Andújar en Dumbría
O Conco acollía o VII Memorial Andujar, a cita anual que serve para lembrar a un dos fundadores do club. En Prebenxamín o campión foi o UC Cee, en Benxamín o Xallas e na categoria Alevín gañador tamén o cadro ceés, pero o importante foi participar.
Prebenxamins do Cee e DumbriaTorneo Memorial Andujar de Dumbria 2018
Torneo de Cadetes de Dumbría
O sábado 23 de xuño, o Conco volverá acoller outra cita de Fútbol base co Torneo de Cadetes "Novas Promesas 2018”, que organizan os Veteranos.