Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os Miúdos, campión da Liga Xuvenil

O Cee recupera o o liderato de infantís ao vencer 0-2 no Conco

Os Miudos campion da Liga Xuvenil
Os Miúdos campión da Liga Xuvenil
Os Miúdos, campión da Liga Xuvenil

Era o partido da xornada e así o avanzabamos escolléndoo para a nosa previa, na que Ruben Lago e Samu analizaban a situación. Os Miúdos eran consciente de que a vitoria lles daba o campionato, pois aínda que quedan dúas xornadas, o Corme ten que descansar na última.

E chegou esa vitoria dos de Manu Camello e Gabriel Sil, unha vitoria xusta ante un cadro cormelán que volveu reincidir nos seus típicos erros en defensa e cara gol que levan acusando toda a liga. Os muradáns, que estiveron máis intensos con, segundo os cormeláns unha "excesiva permisividade" do colexiado. En todo caso, 3 puntos que lles dá un título ben merecido aos muradáns e o paso á Fase de Ascenso á Liga galega.

Quedan dúas xornadas con aínda un par de loitas en xogo. A segunda praza, empatadísima entre Corme e Cabana, pois se ben os cormeláns teñen 3 puntos, os cabaneses teñen un partido menos. Se vencen os partidos que lle quedan o Corme quedaría por diante polo golaveraxe individual.

Ademais, a batalla polo pichichi está tremenda, co muradán Rubén Lago e o fisterrán Isaac Fábregas empatados a 64 goles!

Os Miúdos - Corme (4-2)

  • Os Miúdos: Balayo, Flavio, Pipo, Dani, Abel, Gesto, Isma, Jose, Alon, Jesús e Rubén. Tamén xogaron: Xoel, Ángel Sanandres, Javi Costa e Javi.
  • Corme: Lucas, Ángel, Noel, Aitor, Martín, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Samu e Manu Tasende. Tamén; Miguel, Martín Costa, Alex Mato, Alex Nieto e Manu Cancela.
  • Goles: 0-1, m.17: Mauro; 1-1, m.27: Flavio; 1-2, m.49: Aitor; 2-2, m.53: Rubén; 3-2, m.70: Dani; 4-2, m.78: Gesto.

Saíron os cormeláns mellor metidos no partido ante un cadro local demasiado revolucionado. Mauro aproveitaba o rexeite dunha falta para adiantar aos cormeláns, pero pronto respondían os locais cunha boa falta golpeada por Flavio. A partir de aí ata o descando os Miúdos estiveron mellor prantados pero o marcador non se movería.

De novo a balón parado Aitor adiantaba aos cormeláns nada máis comezar a segunda. E tampouco tardou o cadro local en empatar, por medio do seu pichichi. Eran momentos de tensión que rompía Dani colocando por diante aos locais. Tiveron dúas boas ocasións aí os azuis para empatar, pero ca expulsión de Samu Costa e a lesión do meta cormelán viñéronse abaixo e o choque, e o título, quedou en Muros.

Novas relacionadas

Comentarios