A mocidade puido coa veteranía no 3x3 de Vimianzo
Debeu ser por xogar ata as 3:00h da mañá, pero a rapazada puido máis e fíxose co Maratón 3x3 de Vimianzo esta pasada noite do 23 de decembro. O evento, artellado pola Asociación Cherinkas, la Festa Mexicana e o Soneira SD, e apoiado polo Concello, xuntou unha marea de xente no Pavillón Municipal de Baíñas, xa que o da capital vimiancesa estaba anegado polas chuvias.
Foron 22 conxuntos, cos seus simpáticos nomes) os que participaron nun torneo divertido, no que se enfrontaban rapaces aínda cadetes, con eternos veteranos do Fútbol da Costa.
O 3º posto foi conseguido por uns deses veteranos, o Urroa, formado por Óscar Santos, Iván de Treos, Víctor e Pichi, que aínda sobe a banda da 1ª Galicia como poucos.
A final representou moi ben esa loita de xeracións. Por un lado, os Chachúas, con rapaces da comarca como Pablo Costa (cadete dumbriés do Fisober), Carlos Costa, Isma ou Lucas Toba, (xogador do Muxía); no outro lado da pista, chegados de Cee, os Villecita, co eterno Mario de José, Kevin Fandiño e compañía.
Foron os rapaces do Chachúas os que venceron unha finalísima ateigada, espectacular ademais, que remataba con 5-5, e na prórroga, se metían os de Mario 7-5, pero os Chachúas remontaron e faltando segundos marcaron o 7-8.