Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Muxía pon un pé na 1ª

Mazaricos-Muxia na Pena de Ouro
O Muxía pon un pé na 1ª

Xogouse a ida da promoción de ascenso á 1ª Galicia, unha das poucas competicións aínda en liza. E o Muxía deu un paso importante sacando un 0-2 na Pena de Ouro e tendo todo de cara para a volta, que se celebra o vindeir domingo en Arliña.

Mazaricos - Muxía (0-2)

  • Mazaricos: Iván Baña, Borja, Raúl, Fran Pose, Rachón, David, Brais, Pereiro, Marcos, Sandelo e Molinos. Tamén: Sanchiño, José Ángel, Kevin, Iago e Luís Mayán.
  • Muxía: Víctor, Anxo, Michael, Gusa, Isma Márquez, Mauro Romaní, Julián, Iago Muíño, Víctor Alcaina, Fran Moreira e Mani Nogueira. Tamén: Ángel, Peski, Hugo, David e Manuel.
  • Goles: 0-1, m.9: Michael nun córner; 0-2 m.34: Víctor Alcaina.

Arrincaba o partido co Mazaricos dominando o balón pero o Muxía presionando arriba, e roubando algún que outro balón. Nun córner mal defendido o capitán muxián Michael, escollido como o Mellor Defensa da Costa na Gala QPC abría o marcador.

Daba un empurrón o Mazaricos, dominando máis e cando estaba máis preto o empate, cun bo remate de Rachón, e outra internada que non soubo definir, chegaba o segundo dos visitantes. Aí, co xerro de auga fría aínda puido caer o terceiro nunha contra que salva Iván Baña.

Na segunda, o balón seguía sendo propiedade dos de Marcos, dominando ben os espazos entre liñas a través do seu xogo combinativo fixo que os muxiáns que traballar moito en defensa. Un par de ocasións de Marcos, un tiro de Pereiro, e outra de Molinos puideron cambiar o sino do partido, pero o marcador non se movería, quedando nese 0-2 que para Marcos “é bastante inxusto” tralo visto no céspede mazaricán.

Todo queda para a volta.

Máis novas

Comentarios