Luns. 21.09.2020
El tiempo

Unha nutritiva conversa entre David Velo e Eloy Calvo

David Velo e Eloy Calvo
David Velo e Eloy Calvo
Unha nutritiva conversa entre David Velo e Eloy Calvo

Eloy Calvo Ferreiro é un coñecido adestrador da comarca. Natural de Santa Comba e residente en Carballo é un dous apaixonados do fútbol da nosa comarca. Ademais, dirixe un centro de dietética e nutrición na capital de Bergantiños. Nos momentos que estamos a vivir non dúbida en poñer o seu gran de area.

Por iso, un compañeiro, o adestrador-xogador David Velo (actualmente no Zas) solicitou a súa axuda para pedir asesoramento nutricional e conversar sobre un pouco de fútbol. Esta é a conversa que tiveron estes días.

 
  • David Velo: Personalmente, como estás a pasar este días de cuarentena?

Eloy Calvo: Pois no personal ben, intento gardar o máximo confinamento xa que é unha situación comprometida para todos. Creo que como sociedade deberíamos ser moi prudentes e respectuosos dado que é un virus para o cal non existe tratamento a día de hoxe e está demostrando ser impredecible e moi perigoso.
Saio a facer a compra cada 2 semanas e dedícome a traballar, ler, comer, facer exercicio, aprender a tocar algo a guitarra española, descansar e falar coa miña xente polas redes.
No laboral estou teletraballando, o cal xa facía antes con algún paciente ou cliente, xa que non só traballaba a nivel comarcal, senón que tamén levo algún programa de alimentación a nivel nacional e máis fora de España como en Suiza. Así que esta situación fixo que tivera que aplicar ese servízo coa xente de aquí o non poder atendela no centro.

 
  • David Velo: O ano pasado colleches os mandos do Coristanco e conseguiches un ascenso histórico. Que te levou a emprender ese proxecto?

Eloy Calvo: O de entrenar o Coristanco, pois mira eu xa lle axudara a Dasilva a entrenar o equipo facía 4 anos, el debiu ver algo en min como afeccionado e lioume para que lle axudara (non había ter outro seguro Jajaja). Ese ano pois encargábame do aspecto físico e de todas as tarefas de segundo adestrador, con todo o que eso conleva sen ter experiencia e douseme moi ben. Gañeime o respevto de todos, incluso amigos que entrenaba que a priori é o máis difícil pero conseguino polo meu carácter e dedicación a eles.
Ese ano aguantamos o equipo en 2ª e aprendin moito a base de estudiar por min mesmo, e de todo o que collía de Dasilva. Despois Dasilva marchou e a min ofrecéronme os xuvenís e, bueno, aceptei e fixemos un ano bárbaro. No meu segundo ano en xuvenís eu xa vía que necesitaba algo máis e decidirá deixalo.
Despois de que o equipo descendera ese ano e ao eu ter decidido parar, algún xogador amigo dixome que lle gustaría que eu os entrenara, xogadores que xa tivera facía 3 anos. Entre eles e Manolo o presi convencéronme de que os guiara eu en 3ª (aínda que moitos cercanos o club e directivos non creían que eu estivera preparado para levar o equipo e que ía ser un gran fracaso conmigo o mando).
Eu tiña as ideas claras confiaba en min e na miña forma de entrenar e levar unha plantilla e aí está o resultado.

 
  • David Velo: Como valores ese ano histórico e con que momentos te quedas?

Eloy Calvo: O ano foi de moito sufrimento pola miña parte porque traballei moitísimo, levaba a xestión de todo e entrenaba só, dado que Cristián saía tarde de estudiar e viña para só axudar a recoller salvo días que non tiña curso. Despois tiven que controlar unha plantilla con moito carácter, e que fixeron que tivera que controlala a base de diálogo e decisión técnicas que fixeron que todos viran que alí eu era o que mandaba.
Despois eu son moi cercano os xogadores e doulle moito cariño, (e moita caña tamén.. Jajja).
O ano foi fantástico traballamos moito e moi duro e non foi fácil, pero convencinos de un proyecto dende un principio e luchamos por el con uñas e dentes.
Con que me quedo? Co cariño e reconocemento o meu traballo de todos os xogadores, e da xente do fútbol que seguiu os nosos pasos todo o ano. Para min será algo que non olvidaréi na vida.

 
  • David Velo: Agora mesmo non estás vinculado directamente a un equipo, que é o que máis botas de menos?

Eloy Calvo: O que máis boto de menos son as vitorias e disfrutalas con xogadores e afeccionados.

 
  • David Velo: Aínda que non nos digas o equipo, temos algún proxecto por diante?

Eloy Calvo: Jejje non teño nada en mente, nin sei se volverei entrenar. Estou disfrutando de outros deportes como aficionado e intento competir en algún deles.
Tería ilusión por entrenar dous equipos da Costa.. Pero eso xa e por fantasía non por ganas actualmente, e hai que sacar o título antes. Así que o meu proxecto próximo é a miña vida.

 
  • David Velo: O ano pasado vin que eras un entrenado esixente e meticuloso. Recomendarías tarefas específicas para este periodo ós teus xogadores?

Eloy Calvo: Si, recomendaría traballo específico, de tren inferior para manter fortes os músculos e articulacions dunha das zonas máis sensibles para eles.. Sen olvidar o tren superior porsuposto. A repartición sería un 65-35.

 
  • David Velo: Xa vinculado á túa profesión. Que te levou dedicarte a nutrición?

Eloy Calvo: Despois de ter outros traballos e non sentirme realizado en eles, decidín retomar os estudios. A nutrición sempre me chamou a atención e decidínme por ela.

 
  • David Velo: Que lle recomendarías en canto a alimentación ós rapaces de un equipo non profesional como pode ser un equipo da Costa?

Eloy Calvo: As miñas recomendacions nutricionais para eles e o equilibrio na súa alimentación e a variación dos alimentos que consumen. As verduras deben xogar un papel importante en cada prato xunto con hidratos e proteínas.
Despois utilizar frutas, varias o día, recordar que son a fonte de vitaminas máis potente e as vitaminas son fundamentais para diferentes reaccions que o músculo necesita para nutrirse.
Nos almorzos os lácteos, frutas, cereais e frutos secos serías os meus aportes elixidos.
E ceas lixeiras para favorecer a dixestión e evitar a sobrecarga calórica.
Medias mañás e medias tardes con fruta e frutos secos sería suficiente ainda que hai moitos máis recursos evidentemente dependendo de cada necesidade
E fundamental é evitar todos os produtos ultra procesados, azúcares e grasas saturadas.

 
  • David Velo: E cando se comence de novo cos adestramentos?

Eloy Calvo: Unha alimentación normal, sin ter que ter un cambio significativo, o tema e alimentarse sempre ben.

 
  • David Velo: Imaxinemos que o teu equipo se xoga a final da Copa da Costa. Que lle recomendas en canto a alimentación ese día ou días anteriores?

Eloy Calvo: Non necesitan algo en específico único elevar algo os hidratos nos 2 aportes anteriores a o partido como pode ser almorzo e comida, esta última mínimo 2 horas antes do partido.  

  • David Velo: De todas as propostas que se están valorando para acabar as ligas. Cal sería a túa proposta?

Eloy Calvo: Sobre o retorno os campos creo que no podes saír do confinamento e poñer xa os equipos a xogar… Agora e necesaria unha posta a punto dos xogadores, (unha pretemporada) non e fácil xestionar esto a gusto de todos así que haber que deciden ao final.

comentarios