Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Conco acolleu un intenso Campionato Galego de Seleccións Comarcais con protagonismo costeiro

O Conco acolleu un intenso Campionato Galego de Seleccións Comarcais con protagonismo costeiro
Choque da Selección da Costa sub-12 ante Ferrol no Conco Choque da Selección da Costa sub-12 ante Ferrol no Conco A Costa da Morte acollía por primeira vez un Campionato Galego de Seleccións Comarcais. Todo un fito para unha comarca sempre illada, que pouco a pouco vai collendo protagonismo gracias á atención da FGF. Era unha cita importante as que acollían as inmellorables Instalacións do Conco. A primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub12 servía ademais para celebrar o debut oficial da nosa Selección da Costa sub-12, despois que xa o fixera hai un mes a sub-15. Ía frío no Conco, pero a marea de afeccionados (boa parte pais e nais) chegados de toda Galicia para ver aos máis de 200 protagonistas, quecían o ambiente. A "Amarela" estaba preparada para competir. No deportivo, volveu pesar a inexperiencia e a falta de adestramento no combinado costeiro. Os nervos estiveron por riba da calidade dos nosos xogadores que no primeiro partido non se acabaron de situar no campo e caían por 8-0 ante Santiago, un dos favoritos a gañar o campionato. Quedaba todo un día por diante, cunha comida todos xuntos e moitas risas, para convertindo os nervios en confianza. E notárono os rapaces costeiros cando pola tarde saían ao campo ante Ferrol. Era outro xeito de xogar, moito máis mandóns e sen tantas presas. E chegou o primeiro gol da historia das Seleccións da Costa e Fútbol Base. Foi o xogador do Dumbría Hugo Pastoriza o que rompía a igualada ante Ferrol. Parecía que o equipo podía gañar, pero os ferroláns estaban máis conxuntados e pouco a pouco foron facéndose co partido ata remontar e poñerse 3-1. Gran experiencia para Dumbría, para a Costa da Morte, e para os 14 escollidos. Quédanos agora pendente a creación da sub-12 feminina!

Os Convocados

Choque da Selección da Costa sub-12 ante Ferrol no Conco Ás ordes de José Barca, Nando Waldomar, Joaquín Quintáns (auxiliar) e Alberto Pose (Delegado) estiveron:
  • FERNANDEZ RAMIL, AITOR: OS MIUDOS C.F.
  • ORODEA PENA, MARCOS: OUTES C.F.
  • LEIS CAMPOS, TIRSO: OUTES C.F.
  • BLANCO ANTELO, FABIO: DUMBRIA C.F.
  • PASTORIZA BARGO, HUGO: DUMBRIA C.F.
  • MARIÑO PARTINEZ, BLAS: CABANA S.D.
  • BARRIENTOS PAZ, MARTIN: MUXIA C. F.
  • POSE BALIÑA, ANTON: U. C. CEE
  • DOMINGUEZ LAGO, ISMAEL: U.C. CEE
  • SOUTO AREOSA, LUCAS: SOFAN S. D.
  • MARTINEZ BRENLLA, OSCAR: XALLAS C.F.
  • CASTRO GARCIA, DANIEL: PONTECESO S. D.
  • PAZOS LEMA, YAGO: CABANA S.D.
  • SOUTO BRENLLA, ANXO C.D.: CONCELLO DE ZAS
Ambientazo no Conco para o Campionato Galego de Seleccions Comarcais sub12 Ambientazo no Conco para o Campionato Galego de Seleccions Comarcais sub12

Os Resultados globais

RESULTADOS CATEGORÍA MASCULINA
PARTIDO RESULTADO
SANTIAGO – A COSTA DA MORTE 8-0
OURENSE – A CORUÑA 1-1
LUGO – FERROL 2-2
VIGO – PONTEVEDRA 2-1
OURENSE – SANTIAGO 0-3
A COSTA DA MORTE – FERROL 1-3
A CORUÑA – VIGO 2-0
PONTEVEDRA - LUGO 3-1
CLASIFICACIÓN CATEGORÍA MASCULINA
SELECCIÓN PX PG PE PP GF GC PTS
SANTIAGO 2 2 0 0 11 0 6
A CORUÑA 2 1 1 0 3 1 4
FERROL 2 1 1 0 5 3 4
PONTEVEDRA 2 1 0 1 4 3 3
VIGO 2 1 0 1 2 3 3
LUGO 2 0 1 1 3 5 1
OURENSE 2 0 1 1 1 4 1
A COSTA 2 0 0 2 1 11 0
RESULTADOS CATEGORÍA FEMININA
PARTIDO RESULTADO
A CORUÑA - SANTIAGO 1-1
OURENSE – VIGO 1-3
LUGO – FERROL 2-8
PONTEVEDRA - OURENSE 4-0
VIGO – SANTIAGO 0-6
A CORUÑA – LUGO 10-0
PONTEVEDRA - FERROL 0-0
CLASIFICACIÓN CATEGORÍA FEMININA
SELECCIÓN PX PG PE PP GF GC PTS
A CORUÑA 2 1 1 0 11 1 4
FERROL 2 1 1 0 8 2 4
SANTIAGO 2 1 1 0 7 1 4
PONTEVEDRA 2 1 1 0 4 0 4
VIGO 2 1 0 1 3 7 3
OURENSE 2 0 0 2 1 7 0
LUGO 2 0 0 2 2 18 0
 

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios