O Futbol Sala Fisober volve a Competición
08:58 30/08/13
O Fisober de Futbol Sala Feminino volve a Competición con grandes encontros que se disputarán este fin de semana.
O Equipo Feminino de Futbol Sala do Fisober volve a Competición despois de unhas semanas intensas de entrenamentos en Pretemporada. O Equipo comezará ca súa andadura de novo na competición este mesmo fin de Semana.
Na tarde de hoxe Venres 30 a partir das 18:00 da tarde e con motivo da Presentación Oficial do Fsf Villa de Cee o cal participará na Liga Provincial de Futbol Sala Feminino, disputarase un Triangular entre o Equipo de nova creación o Fsf Villa de Cee, o Fisober B é o Fisober A no Polideportivo Municipal de Cee.
Os horarios previstos para a celebración dos partidos e os emparellamentos, serán os seguintes:
18:00 h FSF Villa de Cee vs Fisober
19:00 h Fisober A vs Fisober B
20:00 h FSF Villa de Cee vs Fisober A
Unha vez terminado este triangular o Fisober xá comeza a competir na súa competición Oficial, onde este sábado dia 31 de Agosto o equipo de Segunda nacional disputara o primeiro partido da Copa Xunta que o enfrontara o Cidade das Burgas de Ourense. O partido disputarase no Polideportivo da Ponte do porto a partir das 19:00 h. No Cidade de Ourense que compite na 1ª División conta nas súas filas con dúas xogadoras que formaran parte da selección española absoluta, que se concentrará en Murcia, do 1-5 de setembro, con motivo de preparar o Mundial que se celebrara en Venezuela, estas xogadoras son Iria é Ana.
O Fisober nesta edición da Copa Xunta quedou encadrado no grupo C xunto co Viaxes Amarelle (1ª división) Funeraria Apostol (Campión Liga Autonómica) e o Cidade das Burgas. Unha vez rematada esta liguilla os dous primeiros clasificados disputaran as Semifinais da competición.