Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Outes e Corme veránse as caras na final da Copa da Costa Xuvenil

O Outes a final da Copa da Costa Xuvenil
O Outes á final da Copa da Costa Xuvenil
Outes e Corme veránse as caras na final da Copa da Costa Xuvenil

Non houbo lugar ás remontadas e os dous equipos que encarrilaran a semifinal estarán na finalísima da CopadaCosta Xuvenil 2019. Outes e Corme veranse as caras este sábado 22, ás 18:30h, no campo do San Andrés, Zas, despois de eliminar a Soneira e Sofán, respectivamente.

Parte o Corme como favorito, estando nun momento de forma espectacular, e despois de quedar 2º en Liga, fronte a un cadro da Serra que vén de menos a máis e que quedaba 6º en Liga.

Soneira - Outes* (1-1)

  • Soneira: Chris, Dami, Jorge, Angel, Rauliño, Chasko, Alex, Nico, Cris Canosa, Brais e Fran.
  • Outes: Antón, Canoa, Perol, Joel, Stefan (Fabián, m.60), Kevin (Ryan, m.46), Mariño, Nico, Josiño (Cartucho, m.89), Ramón e Fran Lires (Alex, m.73).
  • Goles: 1-0, m.40: Brais de cabeza; 1-1, m.95: Ryan.

O 3-1 da ida no Cunchido foi vantaxe sufiente para un Outes que tivo que sufrir ata o pitido final, pois o Soneira estivo a piques de conseguir a remontada. O cadro soneirán levou a iniciativa do partido ante un Outes ben pechado atrás. Na primeira metade Jorge tería unha moi boa ocasión pero o seu remate de cabeza libre de marca dentro da área iriase fóra por pouco. Brais faría o 1-0 antes do descanso tras un rechace o pau de Cris Canosa.

Na segunda parte o Soneira volvaríase o ataque ante un Outes algo máis enchufado. Un tanto metería ao Soneira na final e a tensión mascábase no ambiente. Foron varias as contras visitantes que salvou Christian, e as ocasións locais, como as de Fran e Jorge, pero sobre todo unha de Fran Moreira a 15 do final na que Antón fixo un paradón espectacular. Os soneiráns reclamarían dois posibles penaltis, e xa co Soneira volcado en ataque no minuto 94 o Outes conseguiría o empate gracias a unha galopada de Ryan.

Sofán - Corme* (2-3)

Sofan Xuvenil na Semifinal da Copa da Costa-Foto-Fin Lema

  • Sofán: Christian, Alex, Simón (Docampo), Nacho Eirís, Gaby, Eloy, Cuadrado, Julián (Negro), Nachete, Rial e Kevin.

Corme Xuvenil na semifinal da Copa da Costa-Foto-Fin Lema

  • Corme: Lucas, Ángel, Noel, Aitor, Martín, Eloi, Mauro (Alexandre), Manu Garrido (Miguel), Alex (Manuel), Samuel (Xoel, m.24) e Manu Tasende.
  • Goles: 0-1, m.43: en propia coa axuda de Manu Tasende; 1-1, m.50: Eloy Vilalr en propia; 2-1, m.55: Kevin; 2-2, m.65: Noel; 2-3, m.66: Manu Tasende.

Fixo valer o Corme o 5-1 da ida, e demostrou de novo a súa superioridade ante un bo Sofán, que saíua polo partido dende o comezo. De feito o partido empezou con un man a man de Nachete que sairía fóra. A posesión do partido era para o Corme aínda que as ocasións serían para o Sofán, logrando outro man a man de Julián que salvaría Lucas.

Pouco despois Christian faría unha moi boa parada despois dunha falta golpeada dende a frontal. Seguía o Corme con posesión e o Sofán roubando e armando rápidamente o contrataque e Lucas volvería a facer outra grandísima parada. Preto do descanso un man rexeite na saída dun corner facía que o Sofán marcase en propia porta.

Tralo descanso o cadro local conseguía marcar rapidamente 2 goles e poñer algo de emoción ó partido, que se lastrou polas 3 expulsións de xogadores, e o adestrador, sofanistas que acabaron provocando que se suspense o choque antes do remate, porque o cadro sofanista ademais sofre lesións en dous xogadores.

Sofan Corme na semifinal da CopadaCosta Xuvenil-Foto-Fin Lema
Fotos do Sofán-Corme de Fin Lema

Novas relacionadas

Máis información

Comentarios