mércores. 06.08.2025
El tiempo

Pais e nais de árbitros menores presentan 1.500 sinaturas en apoio a Manuel Espasandín Romar

Familias dos colexiados do Futbol da Costa
Familias dos colexiados do Futbol da Costa
Pais e nais de árbitros menores presentan 1.500 sinaturas en apoio a Manuel Espasandín Romar

Este luns 4 de agosto, os pais e nais de árbitros menores de idade da Costa da Morte reuníronse, convocados polo Comité Técnico de Árbitros (CTA). Ao encontro asistiu unha ampla representación de familias, que foron recibidas por Roberto Alvite (vicepresidente do CTA de Galicia), Javier González Arévalo (presidente da Delegación da Coruña) e Silvia Cancela (RFGF).

Durante a xuntanza, entregáronse as 1.500 sinaturas recollidas nos últimos días, asinadas en gran parte polos propios árbitros da comarca. Na reunión pedíuse unánimemente a readmisión inmediata de Manuel Espasandín Romar, apartado de xeito inxusto, e os representantes do CTA e da federación comprometeron-se a estudar a restitución e trasladar a demanda ao presidente do Comité Técnico.

Entre as sinaturas hai algunhas significativas, e ademais das persoas do eido da política que sinalábamos a semana pasada, esta semana tamén asinaron xentes como o alcalde e o Concelleiro do Corcubión, o alcalde de Santa Comba, o voceiro do PP de Fisterra, entre outros.

Os pais e nais anunciaron que seguirán recollendo sinaturas para alcanzares as 2.000 antes do próximo luns, data na que o CTA se reunirá cos árbitros da subdelegación da Costa da Morte para reconsiderar definitivamente a readmisión de Manuel Espasandín Romar.

Máis novas

Comentarios