Patri e Inés volven á máxima categoría do FSF estatal

11:53 27/07/20
Disputábase esta fin de semana a Fase de Ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino. E non perdeu a ocasión do Viaxes Amarelle de Patri Romaní e Inés Suárez. A muxiá e a camellá volverán competir na 1ª División nacional tras vencer na final dp play-off por 3-1 ao Valdetires Ferrol.
As dúas xogadoras foron claves ademais na final, pois Patri deu o pase do primeiro tanto e Inés foi a autora do segundo.