Preferente: Aarón López mantén ao Fisterra no tren de arriba
Fisterra 1 - 1 Sigüeiro
Fisterra: Bouzi; Lobelos (Colombia, 81’), Cea, Aarón López, Pablo Vigo; Diego Cespón (Mackaay, 46’), Dani, Richi (Vía Rápida, 66’), Julían López; Capelo e Diego Estévez.
Goles: 1-0, 4’: Aaarón López / 1-1, 54’: Yosi.
1-0💚💚💚💚💚💪💪💪 pic.twitter.com/34iPVtJ5ql
— Angela da Anchoa (@angelanchoa21) November 28, 2021
Non foi un mal resultado para o Fisterra visto o visto sobre o terreo de xogo no Arasolis. Porque o Sigüeiro foi superior a maior parte dun encontro que estivo marcado pola chuvia e polo vento e que mantén ao Fisterra na parte traseira dese tren de equipos que intentan seguirlle o ritmo ao Arteixo. E iso que o comezo foi inmellorable, porque tras un córner rexeitado pola defensa visitante, Capelo centraba e Aarón facía o 1-0 co seu terceiro gol en catro partidos.
Chegouse ao descanso con esa vantaxe, pero coa sensación de que o Sigüeiro podía facer o empate dun momento a outro. E así foi. Un barullo na área provocaba o empate dos visitantes, que fixeron unha gran segunda metade e que puideron marcar máis goles se non fora por Bouzi e pola súa propia ineficacia de cara a portería.
Xallas 0 – 3 Arteixo
Xallas: David; Xan Caridad (Colón, 82’), Julito (Adrián López, 66’), Caneda, Adrián Periscal (Luis, 66’); Brais, Josito, Diego, Borja Gándara, Juan de Selia; Carlos Rieiro (Stefan, 74’)
Goles: 0-1, 21’: Pablo Ramos / 0-2, 47’: Naya / 0-3, 51’: Iago Blanco.
Segue o Xallas cunha dinámica moi negativa, na que só foi quen de sacar un punto durante as últimas cinco xornadas. Aínda que ben certo é que o Arteixo non era precisamente a data máis sinalada para romper esa xeira, xa que os de Juan Riveiro están a arrasar nesta primeira fase da preferente: están invictos e xa lle sacan cinco puntos aos segundos con 22 goles a favor e só 2 en contra.
Pero mesmo así, o cadro de David González volveu saír peleón, xogando unha primeira parte moi boa tendo en conta ao rival pese a non crear demasiadas ocasións. En cambio os visitantes marcaban nunha das súas primeiras chegadas grazas ao acerto de Pablo Ramos. Intentaron reaccionar os locais pero non lograban chegar con perigo, e nada máis volver dos vestiarios os goles de Naya e Iago Blanco deixaban o encontro xa sentenciado. Mesmo puido ser algún máis.