Martes. 15.10.2024
El tiempo

Preferente: O bo partido do Xallas quedou sen premio

11 do Xallas en Fontenla-Foto-Dubra
11 do Xallas en Fontenla ante o Dubra
Preferente: O bo partido do Xallas quedou sen premio

Descansaba o líder do Gr. A (aínda en solitario gracias aos 3 puntos que o Comité lles deu trala súa reclamación do partido en Betanzos), mentres no Gr.B o Xallas caía na casa ante o Puebla.

Xallas - Puebla (1-2)

  • Xallas: Coke, Estefan, Jacobo, Aitor, Carlos Rieiro, Peke, Losada, Manu Romero, Doro, Josito, Uxío. Tamén: Erre, Borja, Alex Blanco, Ale, Adrián Pose, Andrés, Adrián García.
  • Goles: 0-1, m.12; 1-1, m.25: Carlos Rieiro; 1-2, m.82.

Comezou ben asentado o Puebla, unha das revelacións da categoría, e aos 12 minutos xa mandaba no marcador. O Xallas intentaba conter as embestidas visitantes buscando a Uxío arriba, e pronto, tras algunha intervención de Coke, Carlos Rieiro anotaba o empate. Bos momentos tivo aí o cadro de David de aí ao descanso, puidendo poñer a balanza do seu lado, pero sen sorte cara gol.

Na segunda o Xallas seguiu mellor posicionado, gañándolle a partida ao Puebla, sen ter oportunidades claras. Semallaba partido de empate, cando apareceu, nun rexeite, un xogador visitante para colar o 1-2 sen deixar tempo de reacción.

Os resultados e as táboas en www.futboldacosta.com

Crónicas da Preferente

Comentarios