Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: Un derbi de cor verde

Fisterra Sofan en Ara Solis
O Fisterra-Sofán en Ara Solis
Preferente: Un derbi de cor verde

Ángel López e Alberto Rodríguez loubábanse na previa, pero a clasificación canta. O Fisterra está neste comezo de temporada, mellor que o Sofán, e na primeira metade foi un vendaval e sentenciou o derbi.

De verde tamén se tinguiu o Municipal larachés o Xallas, onde conseguíu a súa primeira vitoria, con gran mérito pois nun se veu abaixo a pesar de ter que remontar ata en dúas ocasións, o que dá conta da fe deste equipo. Importante ademais ao ser ante un rival directo como é o Laracha, que suma só 8 puntos.

 

Fisterra - Sofán (4-1)

  • Fisterra: Iván Bouzón; Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez., Piti; Andrés, Aarón López, Santi Taboada, Julián; Herbert, Adrián Makaay. Tamén: Jorge, Roa, Pablo Lestón, Asensio e Rubia.
  • Sofán: Alex López, Becerra, Viqui, David Castro, Raúl Añón, Luís, Jony, Matías, Parafita, Quintela, Fabián. Tamén: Brais, Jacobo, Canedo, Carro, e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.3: Aarón López nun córner; 2-0, m.26: Aarón Fdez. en xogada a balón parado; 3-0, m.40: Breixo a pase de Adrián Makaay; 4-0, m.65: Asensio a pase de Herbert; 4-1, m.89: Jacobo Eibe.

Apenas media parte lle bastou ao Fisterra para resolver o derbi ante o Sofán. O cadro local aproveitou o vento para deixar sentenciado o choque na primeira metade, cunha efectividade espléndida nas xogadas de estratexia. Pronto Aarón López abría o marcador nun córner. O Sofán intentaba combinar pero a presión dos locais, e o vento, non lles deixaban saír do seu campo, agás nunha boa xogada entre Fabián e Luís para que Parafita se cole dentro da área pero non atope rematador. No ecuador do primeiro tempo o central Aarón Fdez. marca o segundo tanto nunha desas xogadas de saque de banda que Pablo Vigo convirte en córners.
E antes do descanso, unha xogada de Makaay por banda é rematada por Breixo no segundo pau.

Na segunda o partido inclinouse para o campo fisterrán, pero eran as contras dos locais os que máis perigo levaban. Asensio facía o cuarto nunha desas, e Dani Rubia, Roa e Lestón tamén tiveron ocasións. Foi Jacobo Eibe, xa case que co tempo cumplido, o que facía o gol da honra para os carballeses.

 

Laracha - Xallas (3-4)

  • Xallas: Julián, Marcos, Loureiro, Jaco, Asier, (Peke), Jordan, Borja, Juan de Celia, Marquiños (Cristian Piedrafita), Doro e Alex Blanco.
  • Goles: 1-0, m.5; 1-1, m.20: Jaco; 2-1, m.55; 2-2, m.65: Alex Blanco de cabeza; 2-3, m.67: Álex Blanco de penalti cometido sobre Juan de Celia; 3-3, m.67; 3-4, m.70: Álex Blanco.

Partido moi intenso desde o primer minuto, cunha marea de goles, e alternativas no marcador continuas. O Laracha colocábase pronto por diante, pero o Xallas, desta volta, non se viu a baixo e comezou a dominar. Os 20 minutos Jacobo empataba cun disparou coa zurda dende fóra.

Saíuo Laracha máis enchufado na segunda, e volvíase colocar por diante. Pero o cadro de Adrián Lema volve a levantarse. En 3 minutos tolos, de ida e volta, Álex Blanco empata de cabeza; de seguido Juan de Celia protagoniza unha xogada persoal e provoca un penalti que aproveita Blanco para facer o seu segundo da noite e meter aos xalleiros por diante. Pero na mesma xogada de sacar de centro o Laracha volve empatar. Non pasaron 5 minutos e Blanco completaba o seu triplete para volver poñer por diante aos verdes, que acabaron moi concentrados e non concederon moitas máis ocasións.

 

Novas relacionadas

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios