Martes. 10.12.2019
El tiempo

Preferente: O Fisterra faille sombre ao liderato e o Xallas xa compite con calquera

O Fisterra volveu vencer
O Fisterra volveu vencer
Preferente: O Fisterra faille sombre ao liderato e o Xallas xa compite con calquera

5 vitorias seguidas e 11 partidos sen perder. Son os números deste Fisterra, que se achega ao líderato, tras vencer ao Puebla e aproveitar o empate do Viveiro. A vindeira semana, un dos choques da temporada precisamente en Viveiro, que pode marcar un antes e un despois na competición.
Na zona baixa, o Sofán volvía caer (xa son 5 os partidos sen sumar de 3 en 3), e métese nunha zona perigosa da que intenta saír un Xallas que xa compite con todos, como demostrou sacando un empate da cancha do poderoso Boiro.

Fisterra - Puebla (1-0)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Colombia, Andrés Sar, Aarón Fdez., Julito (Roa, m.55); Aarón López, Aarón Lobelos (Pablo Leston, m.78), Herbert (Dani Martínez, m.85), Julián López, e Adrian Makaay (Rubia, m.89).
  • Gol: 1-0, m.36: Andrés Vigo.

Cheo de oficio está este Fisterra ao que todo lle sae ben. Ata a presencia de noviños rapaces da canteira en toda unha Preferente, como o demostraron Colombia (22 anos), Andrés Sar (21 anos) ou Aarón Lobelos (19 anos), formando no cadro titular. Precisamente foi Andrés Sar o que marcou o único tanto do partido cun gran cabezazo a un córner.

O combativo Puebla intentábao pero as mellores ocasións na segunda eran para os de Ángel Canosa, pero nin o tiro ao pau de Makaay, nin o novo cabezazo de Andrés ao longueiro, nin o tiro de Julián que parou o meta visitante, serviron para ampliar a renda, polo que houbo que sufrir ata o final.

 

Sigüeiro - Sofán (2-1)

11 do Sofan en Sigueiro-Foto-SD

  • Sofán: Brais; Raúl Añón, Canedo, David Castro, Viqueira (Rubén, m.46); Parafita (Juanjo, m.60), Eibe (Carro m.75), Fabián; Matías (Martín, m.65), Alexandre, Quintela.
  • Goles: 0-1, m.25: en propia; 1-1, m.55; 2-1, m.86.

Non bastou a gran primeira metade dos de Alberto Rodríguez e Cantudo para sacar nada positivo do Lino Balado. Empezou o Sofán con bo ritmo nos primeiros minutos con un bo Quintela na punta de ataque e que foi un incordio para a defensa rival. Tivo el mesmo a primeira ocasión despois de recibir un pase de Matías e o seu tiro vaise por encima do longueiro. O Sofán íase asentando no campo e tiña varias ocasións para abrir o marcador. Quintela avisou de novo e Matías revolvíase pouco despois tras un saque de banda de Añón, o seu tiro toca nun defensa e cólase na meta local.

O Sigüeiro avazou liñas e puido empatar antes do descanso, con incombustible e mítico Juanito dando guerra pola banda dereita, se ben Quintela pediu un penalti ao fío do descanso.

Cambiou o conto na segunda. O equipo local fíxose amo e señor, e pronto empataba. Non daba chegado o Sofán á área rival, só nunha ocasión a falta de 10 minutos, e aínda co empate no marcador, cando Alexandre remata un pase de Quintela pero salva o meta local cando xa se cantaba gol.
E cando non saen as cousas, pasan cousas como as que acontecía no último suspiro. CO partido decantado para o empate, os locais conseguen o tanto da vitoria, endosando unha nova derrota aos carballeses.

 

Boiro - Xallas (1-1)

  • Xallas: Julián, Marcos, Jacobo, Marquiños, Peke (Pablo), Santi, Jordan, Borja (Manuel), Doro, Carlos (Juan de Celia) e Álex Blanco.
  • Goles: 1-0, m.9; 1-1, m.72: Santi Hernández.

Ao terceiro da táboa enfrontábase este novo Xallas despois ds súas primeiras dúas vitorias na competición. Un Boiro que suma 10 xornadas sen coñecer a derrota, pero que sufriu ante un ben armado cadro de Adrián Lema. O Boiro dominou o balón, e estivo mellor nun primeiro tempo no que o cadro xalleiro non estivo fino, e non foron capaces de chegar á área contraria, e iso que os locais se adiantaron pronto. Algunha ocasión dos locais caería pero a defensa xalleira estivo correcta.

Na segunda igualaron forzas os verdes, e conseguiron empurrar e chegar a facer dano, sobre todo con Doro e Pablo. Nun córner, Santi Hernández, que facía moito que non xogaba, remataba un balón peiteado por Álex Blanco para facer o empate a 20 minutos do final.
O partido estaba aberto con varias ocasións para os dous equipos acabando en empate.

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios