Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Sensacións máxicas, e derrota, na estrea do Sofán

Primeiro 11 do SD Sofan en 2021
Primeiro 11 do SD Sofan en 2021, en Betanzos. Foto: SD
Preferente: Sensacións máxicas, e derrota, na estrea do Sofán

Arrincou, por fin, esta minitemporada 2021 na Preferente Norte. E fíxoo no Grupo Norte A, que ten 7 equipos, mentres que o Gr.B, onde compite o Xallas, o fará a vindeira semana.

Non foi a primeira xornada para o Sofán, en canto ao resultado, xa que o Betanzos foi híper efectivo e aproveitou o único tiro a porta que fixo durante os 90 minutos para sumar os primeiros 3 puntos.

Pero para o día de estrea había outras cousas máis importantes que o resultado. “Gústanos demasiado isto”, explica con rotundidade Cantudo, o segundo adestrador de Alberto Rodríguez no banco carballés. “Ao final consumouse o que todos desexabamos, que era volver a competir. O equipo, ao igual que das outras veces, fixo un reinicio con moi boas sensacións, e tanto xogadores como corpo técnico estabamos desexando arrincar de novo esta competición”, valora.

Polo demais, Arteixo e Laracha empataron sen goles, e o Victoria venceu 2-1 ao San Tirso (descansou o At. Coruña Montañeros).

Betanzos - Sofán (1-0)

  • Sofán: Álex López; Añón (Diego, m.75), Iriso, Becerra, Viqueira; Canedo, Juanjo (Vía, m.60), Eibe (Fabián, m.55); Alexandre, Paulo (Raúl, m.60), Martín.
  • Gol, m.26: Kevin Styven recolle un balñon en profundidade e no man a man con Álex López marca de tiro raso.

SD Sofan en Betanzos

O máis xusto despois do visto no García Hermanos tivese sido un empate, pois foi un partido con demasiado control e pouco risco. De feito, o gol chegou na primeira aproximación á ambas áreas. A partir de aí, á media hora Eibe lanzaba o primeiro case probando o longueiro, e un minuto despois Viqui probaba ao meta local Diego.

Tras varias chegadas sen acerto da SD comezaba a segunda, de novo cun remate de Paulo de cabeza que se vai alto por moi pouco; un tiro lonxano de Alexandre que está a piques de entrar. A SD seguía intentándoo e xa no tramo final Martín e Fabián non acertaban dende lonxe e Canedo e Iriso conseguían conectar varias accións a balón parado pero sen sorte.

Houbo un par de xogadas polémicas na área local, e os, onte verdes, pediron un penalti sobre Vía Rápida e outro por mans.

Toca pensar na estrea na casa, onde o club poderá meter ata 500 persoas, pero sen abrir a cantina. En todo caso, o fútbol é moi caprichoso e casualidades da vida, o último partido antes da pandemia no Carral foi ante o Arteixo e agora na volta o primeiro equipo que vai visitar O Carral e precisamente o Arteixo de novo.

Comentarios