Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas consegue tres puntos vitais

Xallas hai un par de xornadas
Convocatoria do Xallas hai un par de xornadas
Preferente: O Xallas consegue tres puntos vitais

Non puido xogar o Fisterra por casos de COVID na contorna do Estudiantil. Pero si aproveitou a xornada o Xallas, que goleou a un Boimorto que viña de vencer precisamente ao cadro fisterrán. Os de David González sumaron a súa segunda vitoria do curso, e comezan a engancharse ao camión da salvación.

Ollo, por certo, á vindeira xornada, que igual hai sorpresa en forma televisiva…

Xallas - Boimorto (5-1)

  • Xallas: Coke; Xan, Caneda, Diego, Aitor; Josito, Jorge Colón, Borja; Carlos, Alex e Stefan. Tamén; David Freire, Adrián Periscal, Doro, Adrián e Juan.
  • Goles : 1-0, m.23: Diego; 2-0, m.44: Aitor; 3-0, m.49: Stefan; 4-0, m.61: Carlos Rieiro; 4-1, m.79; 5-1, m.82: Stefan.

Partido máis ou menos igualado ata que o cadro de David abriu a lata nun córner, co tanto de Diego de cabeza. A partir de aí o Xallas estivo ben asentado e chegando varias veces. O 2-0 chegaría xusto antes do descanso nunha falta lateral.

O terceiro e o cuarto gol, ao pouco de comezar a segunda, foron sendos mazazos no cadro visitante, que quedou grogui moitos minutos, A partir de aí foi un partido moi cómodo para os xalleiros.

Comentarios