Martes. 23.04.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas perdeu unha gran ocasión en Boiro

11 do Boiro ante o Xallas
11 do Boiro ante o Xallas
Preferente: O Xallas perdeu unha gran ocasión en Boiro

Gran ocasión perdida dos de David González na Barraña. Os xalleiros caeron ante o Boiro e vén como o cadro da Barbanza escapa a 6 puntos, cando puido ter estado a tiro de pedra.

Todo noutra xornada na que o Fisterra tivo que adiar do seu partido ante o Pino. O cadro fisterrán comeza a recuperar os 4 partidos que lle quedan pendentes este mércores en horario “champions”, ás 20:30h. Farao ante o Estudiantil, choque da xornada 11.

Boiro - Xallas (2-1)

  • Xallas: Coke, Aitor, Xan Caridad, Julito, Diego Hombre, Colón, Brais, Borja Gándra, Stefan, Doro, Juan de Celia. Tamén: David Freire, Mourelle, Caneda, Carlos Rieiro, Alex Blanco e Adán.
  • Gloes: 1-0, m.25: de falta directa; 2-0, m.52; 1-2, m.: Stefan a pase de Aléx tras xogada con Colón.

Comezou o partido moi igualado, en posicionamento e sen grandes ocasións, pero o cadro local foise achegando á área xalleira. Nunha contra dos locais, sae unha falta que marcan de falta directa.

Coa vantaxe do 1-0 comezaba unha segunda metade moi semellante, cun equipo local con máis balón, e pronto, nun erro na cesión a Coke, o balón queda corto e o punta local Marcos Piñeiro rouba e fai o segundo.

Reaccionaron os verdes, que se estiraron contra a meta local. Non tardou Stefan en recortar tras unha boa xogada combinada, e o Xallas parecía confiar no empate. Aínda quedaban moitos minutos, e foi no 89, cando Doro tivo o empate cunha ocasión clara, pero finalmente o marcador non se movería.

AS táboas en www.futboldacosta.com.

Comentarios