Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas segue loitando pola permanencia e O Carral homenaxeou a Félix

A SD Sofán homenaxeou a un Félix que colgará as botas ao remate da tempada
A SD Sofán homenaxeou a un Félix que colgará as botas ao remate da tempada
Preferente: O Xallas segue loitando pola permanencia e O Carral homenaxeou a Félix

O Xallas superou pola mínima ao xa descendido Agolada para chegar a última xornada con posibilidades de salvación, as cales pasan por gañar e agardar ao que suceda cos temidos arrastres.

Pola súa banda, o Sofán viuse superado polo Arteixo nun partido no que o Carral homenaxeou a un Félix que se despide do mundo do fútbol, ao colgar as botas.

SD Sofán 0 – 3 Atlético Arteixo

SD Sofán: Javi Rumbo, Félix (Rubén m.24), Antonio, Pablo Domínguez, Alexandre, Camilo (Juanjo m.62), Canedo, Eibe (Sera m.62), Luis, Quintela (Matías m.57) e Parafita.

Goles: 0-1 m.6: Chechu; 0-2 m.44: Chechu; 0-3 m.65: Porto.

Partido no houbo unha clara superioridade do Arteixo, sobre todo no primeiro tempo, nun encontro que serviu de homenaxe a Félix Garrote e como clausura da tempada no que a partidos como local se refiere para a SD Sofán.

A total falta de intensidade defensiva no primeiro acto propiciou que o Arteixo dominase o xogo con comodidade e que Chechu, o capitán visitante, na súa novedosa posición de dianteiro centro anotase dous tantos.

No segundo tempo, o Sofán saíu con outra cara e acorralou durante 15 minutos ao Arteixo na súa area, tendo claras ocasións, sobre todo un remate de Canedo que sacou Alex López, pero o terceiro gol de Porto acabou por sentenciar o encontro e fixo do resto do partido un trámite para dous equipos cos deberes feitos e que simplemente esperan o remate da liga a próxima fin de semana.

Nano e Luis loitan por un balón no SD Sofán - Atlético Arteixo

SD Agolada 0 – 1 Xallas FC

Xallas FC: Koke, Christian, Jacobo, Santi, Dany Becerra, Abel (Óliver m.59), Álex Blanco, Baba, Marcos, Rubén, Jaco López (Carlos m.84).

Gol: 0-1 m.54: Álex Blanco (p).

O encontro foi un monólogo dun Xallas que practicamente copou tanto o dominio do xogo como das ocasións.

Os xalleiros achegaríanse en varias ocasións a portería local pero Álex Blanco e Abel non lograrían materializar as súas oportunidades. Os costeiros terían unha nova ocasión que non chegarían a rematar nin Álex Blanco nin tampouco Jacobo López.

Pola súa banda, o Agolada tivo unha boa oportunidade para adiantarse nunha contra que desbarataría Koke cunha gran intervención.

Na segunda metade, máis do mesmo, pero nos instantes iniciais da reanudación, Peti aparecería en dúas ocasións para evitar que Álex Blanco e Baba lograsen o premio do gol, o cal chegaría dende os once metros nun penalti que transformaría Álex Blanco.

Tralo este gol, o Agolada trataría de sacar algo positivo pero o Xallas non pasou grandes apuros e lograría a vitoria.

Comentarios