Luns. 06.05.2024
El tiempo

Previa: 3 intensos derbis

Imaxe dun Porteño-Camariñas der 2015
Previa: 3 intensos derbis

Remata setembro e comeza outubro e o Fútbol da Costa segue en marcha. Faino cunha xornada completa, despois da resolución do Comité de Competición ás reclamacións da primeira xornada arredor das "ventanas", con 10 categorías en competición (só queda por empezar a 1ª Div. Veteranos e o F8), que viviremos co fermoso carrusel dominical en www.futboldacosta.com.

Son varios os derbis que marcan a fin de semana. Se na Preferente temos un “case derbi”, coa visita do Sofán a Noia, na 1ª temos un fermoso Dumbría-Fisterra, con dous candidatos a estar moi arriba na categoría enfrontándose no Conco. Con moitos xogadores que pasaron dun club a outro, como son os casos dos Adrián Makaay, Estévez, Marcote… Será todo un partidazo.
Na mesma categoría o San Lorenzo enfróntase no alto da táboa a un dos grades favoritos, un Puebla co que comparte o liderato sendo os dous únicos equipos que suman 3 vitorias en 3 partidos. A Esteirana ten que sumar os 3 puntos na visita do Cruces, mentres que o Baio visita a complicadísima praza de Padrón.

Tamén temos bos derbis na Liga da Costa: O Monte Louro - Muros e o Camariñas - Porteño. Rivalidade máxima nos dous encontros, nos que seguro que tanto Agra da Filgueira como o Hermanas Patiño vivirán ambientes espectaculares. O camariñán non se disputa na Liga da Costa dende a 2016/2017.
Ademais, Castriz e Cee queren manterse invictos e terán que vencer a Cabana e Mazaricos para seguir no alto.

Na 3ª haberá bos partidos, que irán medindo as forzas dos aspirantes a estar arriba, como o Zas-Laxe, o Corcubión-Malpica, ou Xallas-Oza.

Na segunda xornada Liga da Costa Feminina tamén teremos enfrontamentos costeiros, como o Mazaricos-Corcubión, o Outes-Muxía ou o Cerqueda- Cabana.

Máis info

Comentarios