Previa dunha xornada de mércores de Difuntos pasado por auga co comezo de Copa como prato forte
- O cadro da Copa da Costa 2023/2024 en www.copadacosta.com.
- As táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.

Entre borrasca e borrasca intentará desenvolverse unha nova xornada do Fútbol costeiro este mércores 1 de novembro.
O prato forte é o comezo da Copa da Costa 2023/24. Dispútase a previa con estes encontros:
- Malpica - Muxía (17:00)
- Xallas - Corcubión (18:30).
- Coristanco - Camariñas (17:00)
- Cerqueda - Volantes (17:00).
Os Dezaseisavos disputaranse o 6 de decembro, os Oitavos en febreiro e os cuartos xa en maio. Lembren que ata semis é a partido único, e sen prórroga (directos a penaltis en caso de empate) ata a final.
Xornada de Preferente, 1ª e FUTFEM
Si que hai tamén xornada para os nosos equipos na Preferente e na 1ª Galicia.
E ademais, tas ver as crónicas da xornada pasada por auga desta finde, o futfem pon de novo o mono de traballo para un novo día de competición entre borrascas, tanto na 2ª como na 3ª Galicia.
A recomendación, pasar a tarde en Fontenla, vendo dende cantina os dous partidos, primeiro o derbi Xallas-Cee da 2ª Feminina, e despois o choque copeiro ante o Corcubión.
Máis info
- O cadro da Copa da Costa 2023/2024 en www.copadacosta.com.
- As táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.