Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Xornada de vento, auga, frío e moita brega

Capis de Ponteceso
As capis de Cerqueda e Ponteceso en Xaviña co colexiado David Brun
FUTFEM: Xornada de vento, auga, frío e moita brega

Fin de semana pasada por auga no fútbol feminino costeiro.

Na 2ª, o Cee levou o derbi ante as Miúdas e alcanza a 5ª posición, mentres o Xallas romperon unha boa liña de 3 vitorias seguidas caendo ante o San Roque.

Na Liga da Costa feminina, cada vez máis igualdade. O Muxía segue firme tras asaltar as Redondas, co Corme, que tamén superou a proba de Ara Solis, por detrás. Por abaixo, Outes e Cerqueda seguen mellorando a pesar das derrotas.

Na táboa de goleadoras seguen destacando a cabanesa Irene con 10, e a muxiá Barca, con 9. Preto, co 7, atópanse xa Carla (Bergan B), Andrea (Fisterra) e Patri Romaní (Muxía).

Este mércores, nova xornada e xa podedes ver os horarios en www.futboldacosta.com.

2ª DIV. FEMININA, XORNADA 6

As Miúdas - Cee (0-3)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Alba, Leire, Ana Romero, Paula, Marta Piñeiro, Sofía, Cristina e Pati. Tamén: Naiara, María García e Adriana.
  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Nerea, Antía, Sabela, Paula Veiga, Laura, Lucía Martínez, Saray Duarte e Nayara. Tamén: Lucia Sieira, Uxía e Ariana.
  • Goles: 0-1, m.5: Paula Veiga; 0-2, m.39: Lucía Martínez; 0-3, m.83: Paula Veiga.

Partido disputado, aínda que o resultado diga o contrario, con ocasións para ambos, moi fluído e sen apenas interrupcións. Non impediu a auga que caía en Muros ver un partido bonito, cun Cee que tratou de dominar dende o comezo, e pronto se adiantou cun gol de Paula Veiga que non fallou no man a man con Adriana. No resto da primeira parte houbo ocasións en ambas áreas pero sen perigo ningún ata que a 5 do descanso, Martínez marcaría un gol dando tranquilidade ás de rafa antes do descanso.

Na segunda parte destacar a gran labor defensiva de Cee, aguantando os intentos das Lucho de recortar. Foi no treito final cando Paula marcou o terceiro e definitivo gol, o seu 5º na conta particular.

O Cee adicoulle a vitoria a Lucía Caamaño.

San Roque - Xallas (1-0)

  • Xallas: Rosio; Carla, Saskia, Ali, Andrea; María, Luchy, Paula, Barbeira; Noelia e Olalla.
  • Gol: 1-0, m.12.

Partido moi disputado nun campo de reducidas dimensións, no que o equipo lucense se adiantou no marcador na primeira metade, nunha indecisión da liña de retagarda xalleira que acabou constando 3 puntos.
As xalleiras intentárono de todas as formas na segunda metade pero non foron quen de igualar o choque.

Mañá mércores, Xallas-Cee ás 16.00h en Fontenla, se o tempo o permite.

3ª DIV. FEMININA, XORNADA 6

Mazaricos - Dumbría (0-0)

  • Mazaricos: Valeria, Graci, Silvia, Mariña, Antía, Leire, Claudia, María Senra, Ánxela e Tamara. Tamén: Saray, Paula, Iria Hermida, Iria Buján e Araceli.
  • Dumbría: Lía, Carril, Sabela, Noa, Mai, Eva Lema, María das Carisas, Kelly, Claudia, Yoli e Juliette. Entraron: Naira, Serena, Lucía, Reyes e Icía.

mazaricos e Dumbria CF

Partido onde o único que “dominou” o balón foi o vento, nun día gris tanto a nivel futbolístico como meteorolóxico. Primeira parte onde ás amarelas lles tocaba loitar co vento en contra e na que se dedicaron a achicar espazos e intentar que o tempo correse. A boa liña defensiva permitiu chegar sen goles a pesar do dominio dumbriés.

Co vento a favor, foi o Mazaricos o que atacou máis na segunda metendo atrás ás dumbriesas. Porén, a mellor ocasión foi para as de Fran Figueroa, pero nin sequera un penalti parecía doado, pois o vento movía o esférico e a dumbriesa mandou o disparo alto. Os últimos 10 minutos foron das marelas que puideron desequilibrar o marcador por medio de Mariña e Iria pero o partido acabaría sen goles.

A peor nova, as lesións de Noa e de Kelly que tiveron que ser asistidas pola ambulancia tras dous choques fortuítos.

Cabana - Muxía (0-4)

  • Cabana: Míriam, Antia (Natalie), Sheila, Aroa, Valeria (Marina), Inma, Iría (Alejandra), Irene, Alison Adriana (Jessi) Saray (Aitana).
  • Muxía: Sheila, Andrea Dom., Paula Vilela, Marcela, Andrea Insua, Marta Caamaño, Patri Romaní, Barca, Raquel, Nerea, Elsa. Tamén: Paula Rey, Irenre, Denise, Nuria e Adriana.
  • Goles: 0-1, m.2: Barca; 0-2, m.60: Nerea; 0-3, m.72: Raquel; 0-4, m.83: Elsa.

Primeiro contra terceiro enfrontábanse este sábado nas Redondas, dous equipos con moi poucos goles encaixados. Porén un tempraneiro gol do Barca facía que as visitantes se asentaran mellor no campo e levarán o ritmo do partido, aínda que o Cabana non lle perdía a cara e a base de presión puxo en algún apuro ao equipo de Isma e Congui. As arrancadas de Patri dende o medio campo facían dano ás de José Manuel, que tamén tivo achegamentos sobre a meta de Sheila.

Na segunda foron superiores as vermellas, dominando máis a pelota e facendo 3 novos tantos.

Dubra - Bergantiños B (0-6)

  • Bergantiños B: Ari; Aroa V, Sara B, Amelia, Carla; Antia, Clara, Ainhoa, Jimena, Aroa; Arancha. Tamén xogaron: Iria, Andrea e Sara M.
  • Goles: Carla (3, 2 faltas e un gol olímpico), Amelia (2) e Ainhoa.

Moi superiores as de Nacho ante Dubra moi forte fisicamente pero aínda faltas de xogo combinado. A gran protagonista foi Carla, que fixo 3 goles en xogadas a balón parado, e deu 3 asistencias tamén en xogadas de estratexia. Quédalle o debe ás filiais chegar con máis claridade nas transicións e non depender tanto das xogadas a balón parado.

Fisterra - Corme (0-2)

  • Fisterra: Lucía Fdez., Paula, Lidia, Irene, Lucía Marcote, Aroa, Jimena, Xaira, Elena, Jeni e Andrea. Tamén: Ana, Tamara, Antía, Rosa e Tatiana.
  • Corme: Belén, Ana (Carla Vázquez), Laura, Aroa, Aurora (Lucía); Nerea (Candela) Irene, Carla, Cris, Nati (Olalla), e María (Mónica).
  • Goles: 0-1, m.34: Aroa; 0-2, m.63: Cris dende 25 metros.

Vento, auga e moita brega no choque acontecido en Ara Solis. O Fisterra crece a pasos axigantados como equipo, apoiados en María, unha mediocentro boísima, e obviamente na calidade de Andrea, unha xogadora das "distintas" que podería xogar en categorías moi superires.

Empezaron as locais de Fran máis metidas, cun par de tiros pero sen acerto. O choque foi igualándose e o Corme acertou a meterse por diante nunha xogada de córner.

Na segunda, as fisterrás empurraron, pero un golazo de Cirs Veres dende 25 metros deixaba o choque encarrilado para as de Rubén Souto, que conseguiron deixar a meta a 0.

Noia B - Corcubión (3-0)

  • Corcubión: Elena, Elisa, Alexandra Lojo, Marta Lavandeira, Carla, Cris, Ana Sierra, María Castro, Claudia, Helena e Daniela. Tamén: Noa e Andrea.
  • Goles: 1-0, m.27; 2-0, m.56; 3-0, m.74.

Mal partido das de Rubén Castillo en Noia. Aínda que tiveron bo comezo presionando arriba e tendo algunha ocasión segundo pasaba o tempo o Noia foi a mellor aproveitando moito a velocidade das súas dianteiras.

Outes - Nicrariense (0-2)

  • Outes: Sole, Alicia, Natalia Valeria, Paula, María Antelo, Carmen, Carla, Miriam, Uxía e María Molinos. Tamén: Lara Ces, Claudia Carou, Xeila, Nerea e Mariña.
  • Goles: 0-1, m.41: Noa Beiroa; 0-2, m.79: Noa Beiroa.

Mellora cada partido o equipo de Dani Salgueiro, e xa compite man a man cos rivais. Mesmo tivo o equipo máis ou menos controlado durante boa parte do encontro, controlando ben os tímidos ataques das nicrariensas, pero un despiste ao fío do descanso permitiulles meterse por diante.

Na segunda, as locais tiveron algunha ocasión para empatar, incluíndo unha falta ao borde da área que non puideron materializar. Un penalti xa no treito final sentenciaba o choque para as visitantes. “Crecemos cada día un pouco máis”, valora positivamente o adestrador do Outes.

Cerqueda - Ponteceso (0-2)

UD Cerqueda Feminino

  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía Rod., Uxía, Tania, Inés, Vanesa, Raquel, Irene e Tati. Tamén: Paula Casal, Elba e Isa.

Ponteceso feminino con Virxi

  • Ponteceso: María (Colores, m.60), Noe (Laura R., m.60), Myre, Ainhoa, Berdeal (Noemí, m.46), Silvia, Eva, Muíño, Andrea (Mel, m.85), Claudia, Oanes, Candela.
  • Goles: 0-1, m.24: Myre de cabeza nun córner; 1-1, m.55: Jimena de penalti; 1-2, m.67: Muíño.

Derbi bergantiñán en Xaviña, cun tempo tamén complicado. O Cerqueda, que está en proceso de melloría, estivo moi firme, impedindo que as pontecesás atopasen o seu xogo de ataque, pero non puideron controlar ben as xogadas a balón parado. Así chegaba o primeiro. As locais controlaban o tempo pero non tiñan profundidade, e si conseguían empatar dende os 11 metros.

Co empate o partido igualouse, pero pronto, Muíño marcaba nunha falta o segundo para as visitantes. Abriuse o Cerqueda e aí as mellores ocasións tiveron as visitantes para sentenciar, pero os paus repeleron os tiros de Oanes, Muíño e Noemí gracias ás entradas de Andrea pola banda. 

As pontecesáns dedícanlle a vitoria a Virxi.

 

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios