sábado. 09.11.2024
El tiempo

Previa: A Fase de Ascenso á Liga da Costa bota andar nunha xornada con dous títulos de base en xogo

fase de ascenso a Liga da Costa 2023
As competicións formato copa como a Fase de Ascenso á Liga da Costa, actualizadas en www.futboldacosta.com
Previa: A Fase de Ascenso á Liga da Costa bota andar nunha xornada con dous títulos de base en xogo

Xa temos activada en www.copadacosta.com a plataforma para as competicións modelo copa, que arrinca coa fase de Ascenso á Liga da Costa. Esta fin de semana, ademais do clásico carrusel de www.futboldacosta.com coa Pref., 1ª e 2ª, tamén seguiremos a promoción da 3ª en www.copadacosta.com.

Unha cita máis que interentante, con 4 equipos (Laxe-Buño e Zas-Camelle) afrontando a semifinal na procura dun único posto de ascenso.

Título Xuvenil e Infantil e xogo

Ten tamén a xornada o foco posto na tarde do sábado no Platas Reinoso, onde o Sofán, se non falla ante o Baio, poderá alzarse co título da Liga Xuvenil, por diante do Xallas.

No resto da base, remata tamén a Liga Cadete, xa co Outes como primeiro campión do curso, mentres na Liga Infantil, a falta de 4 xornadas, o Outes tamén se pode proclamar campión se vence na casa ao Cee, pois suma 10 puntos máis que Cee e Vimianzo.

Futfem

Na 2ª do Futfem, Xallas e Cee non poden fallar ante O Pino e As Miúdas, se queren manter a estela do líder, Calo.

1ª e 2ª

O Soneira - Xallas da tarde do sábado será un dos puntos fortes da xornada na 1ª, na que os de abaixo teñen complicados choques con equipos de arriba: Cordeiro - Mazaricos, Puebla-Baio e Esteirana- Lalín.

Mentres, na Liga da Costa, a 4 xornadas para o remate, o San Lorenzo visita o Cubaleiro para case que sentenciar a Liga. O Corme visita Cerquefa e o Muxía o Agra da Filgueira, e non poden fallar se queren manter esperanzas.
A mellor nova, a volta do Coristanco á Rocheira, tras moitos meses de obras, o cadro de Juni recibe ao Muros nunha xornada sabatina completa de festa local.

Festa na Rocheira

Máis info

Comentarios