Martes. 07.05.2024
El tiempo

Previa: O Laxe-Camelle, o gran foco de atracción

Camelle-Laxe
Imaxe do choque entre Camelle e Laxe no Rodeiro desta tempada
Previa: O Laxe-Camelle, o gran foco de atracción

Nova fin de semana que se nos vén por diante nesta xa case recta final da temporada. As competicións ligueiras van rematando mentres que as Fases de Ascenso e as Copas da Costa collen protagonismo.

A atención ligueira céntrase na 1ª, con Xallas e Dumbría pelexando pola promoción a falta de 4 xornadas, e Esteirana e Baio intentando salvar da queima dos arrastres, unha vez que o Mazaricos xa practicamente dixo adeus á categoría e ten a cabeza na Copa tras 10 derrotas consecutivas.
O Xallas recibe ao Puebla, e ten que gañar para manter esa privilexiada 4ª praza, pois Codeiro (que visita ao pechacancelas), Lalón (que recibe a un Soneira sen nada en xogo) e Dumbría (que xogará ante o penúltimo na casa) poderían superalo.
Por abaixo, Esteirana e Baio terán complicadísimos puntuar en partidos ante os dous primeiros da táboa.

A penúltima xornada da Liga da Costa, trala consecución do título por parte do San Lorenzo, chega cun duelo polo segundo posto no Cairo. Corme e Muxía chegab ao Cairo nesta penúltima xornada cos muxiáns 2 puntos por riba.
Ademais, queda aberta aloita por evitar a 12ª praza, o 3º posible arrastre, no caso de que descendan Mazaricos, Esteirana e Baio. Unha loita na que, iso si, estan involucrados 6 equipos nun pano de apenas 2 puntos.

Mentres, na Preferente quedan aínda 6 xornadas para o remate, cos equipos costeiros xa en modo crucero.

Un equipo que aínda se xoga moito é o Dumbría Cadete que visitará A Malata coa necesidade de puntuar para evitar os arrastres da División de Honra e poder manter a categoría autonómica.

Fase de Ascenso

A ida da final Fase de Ascenso á Liga da Costa é un dos grandes focos de atención da finde. Laxe e Camelle afrontan a ida da final no Municipal Rogelio Martínez - Cabo Darea. Un auténtico partidazo con sabor a Fútbol da Costa puro, no que, de seguro, as dúas afeccións ofrecerán un ambientazo.

No banco laxense, Lilo recoñece que "calquera equipo desexaría disputar esta fase e conseguir ese ascenso a Liga da Costa", recoñecendo que tanto Camelle como Laxe merecería o ascenso. "Serán dous partidos moi igualados nos que calquera erro pode ser pagado moi caro. Xogar na casa o primeiro partido é un plus pois contaremos co apoio da nosa afección intentando cumplir os deberes para o derradeiro partido no Rodeiro, un campo que siempre resulta difícil". 
Respecto ao equipos, "nós vimos cunha moral moi alta dispostos a todo, facendo un equipo compacto e aprendendo a solucionar partidos que dabamos por perdido, de aí a nosa boa serie sen coñecer a derrota nos últimos 8 partidos. O Camelle é outro equipo que non dá nada por perdido e que loita todo ata o final, que tamén chega nunha moi boa dinámica e que de seguro non van poñer nada fácil. Serán dous partidos moi bonitos de ver para o espectador e que ambas afeccións o merecen".

Por bando camellán, Sergio explica que "intentaremos facer un partido serio, xa que eles veñen en fase ascendente como así o demostraron no último tramo de liga e nos anteriores partidos de promoción. Nós chegamos ben, e só temos unha baixa por lesión. Toca pelexar e sobre todo disfrutar do momento".

Tamén se disputa a Fase de Ascenso á D.H. de Veteranos.

Copas

Comezaron ademais xa as Copas da Costa Xuvenil e Cadete. Esta semana xa o Escolas Juan Cabrejo elminaba aos Miúdos, por penaltis, nos Oitavos da Copa Cadete. Este sábado, xornada completa nunha primeira eliminatoria a partido único.

 

Comentarios