Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Previa: O Xallas-Fisterra como punto forte noutra xornada con varios partidos aprazados

Imaxe aérea do campo de Fontenla, onde se xoga o derbi da xornada, antes da súa remodelación
Previa: O Xallas-Fisterra como punto forte noutra xornada con varios partidos aprazados

Trala controvertida volta a competición da semana pasada, o Fútbol da Costa trata de recuperar a normalidade. Pero a realidade é que a semana volve contar con varios aprazamentos.

No noso grupo da 1ª Galicia, non se poderán disputar os derbis entre Baio-Mazaricos nin o Ponteceso-Soneira.
Tamén son aprazados o Esteirana-Muxía e Castriz-Malpica na 2ª e Camelle-Pereiriña na 3ª.

Porén, volve a normalidade, parece, na base, onde as Ligas apenas chegan á 6ª xornada tras varias semanas de aprazamentos continuos.

Xallas - Fisterra

Será o derbi da Preferente o gran partido da xornada. Dous equipos que chegan en momentos moi diferentes, cun cadro local que chega de conseguir 3 vitorias consecutivas en apenas 2 semanas, e un Fisterra que leva máis dun mes sen competir (o último partido xogado foi o 4 de decembro…)

Dende Santa Comba, os de David González afrontan o derbi “con moral e confianza pero sabendo que será moi difícil acadar unha cuarta vitoria consecutiva “. González ten só as baixas de Adán, Peque e Jacobo.

Os de Juan Porrúa, chegan “con moitas ganas de volver a xogar. Si é certo que levamos máis dun mes parados, pero trataremos de suplir a falta de competición con gañas e ilusión”. Chegan tamén con 3 baixas: Cea, Ezequiel e Cristian.

Seguiremos o choque o domingo a partir das 16:00h no carrusel de www.futboldacosta.com.

Máis cousas

Na 3ª RFEF, o Sofán tamén volve á competición tras practicamente un mes, despois de que a xornada pasada fose aprazada por COVID. Esta semana os de Alberto e Cantudo visitan un dos campos máis complicados da categoría, o dun Rápido de Bouzas que está na 3ª praza. Os costeiros queren saír do posto de pechacancelas, e engarcharse á pelexa pola permanencia.

Na 1ª, só nos quedan dous partidos, un fermoso Corme-Dumbría, e o Volantes-Belvís.

Destacable na 2ª o Lira-Muros en Lombáns, así como o derbi de Xaviña, entre Buño e Cerqueda, que se disputará na mañá do domingo.

Na 3ª, enfróntanse os 4 de arriba: Porteño (1º) - Oza (4º); e Xallas B (3º) - Corcubión (2º). Os catro nun pano de 6 puntos.

Comentarios