Venres. 26.04.2024
El tiempo

#PreviaQPC: A 3ª xógase na Grixa

Porteno-Seaia
Imaxe dun partido do Porteño este curso na Grixa
#PreviaQPC: A 3ª xógase na Grixa

Nova fin de semana chea de partidos cando xa se afronta a recta final nalgunha competición.

Non tanto na 3ª División, na que o Sofán volve ver como adía un novo partido, o que ía disputar no histórico campo do Couto, en Ourense. Unha auténtica desfeita esta situación para o cadro sofanista, que ten que xogar moitos partidos os mércores, nas Eiroas (non hai iluminación no Carral), perdendo público e cantina.

Na Preferente, Fisterra e Xallas afrontan partidos moi complicados. O cadro fisterrán recibe a todo un intratable líder, un Arteixo que saca 10 puntos ao 2º clasificado. Esperan os fisterráns que o Xallas non deixe sumar os 3 puntos ao Paiosaco, que visita Fontenla pelexando pola 5ª praza.

 

Na 1ª, despois da vitoria do Baio no Conco do mércores, o cadro de Pablo Torreira continúa esta escalada de febreiro-marzo chea de partidos atrasados. O domingo farao no Pinguel ante o Ponteceso, para seguir acercándose aos 3 de arriba. Aí, o líder Tordoia recibirá a un Volantes á alza; o Negreira visita o Municipal de Vimianzo; e o Mazaricos fai o propio no Conco. Ademais, o Corme recibe ao pechacancelas para deixalo atrás.

A Liga da Costa, no Grupo Sur, ten un fermosísimo Muxía-Muros, que dilucirá quen afronta a recta final (quedarán 4 partidos) con máis posibilidades de quedar na 2ª praza, por detrás dunha Esteirana intratable que recibe ao Baíñas. O Camariñas non quere perder a comba dos 3 e para iso terá que vencer a un Cee á baixa.

Polo Norte, o líder Cabana visita a un Castriz que vai sumando entre parón e parón. O Coristanco quere aproveitar calquera tropezo despois da súa vitoria a semana pasada nas Redondas e non pode fallar ante o Buño. Ademais, o San Lorenzo quere manterse na loita en Pedra Queimada.

E na 3ª, o partidazo da xornada. Con só 3 xornadas para o remate da liga regular, o líder, Porteño, recibe na Grixa ao 3º clasificado, un Corcubión que chega 6 puntos por debaixo pero un partido menos, co Xallas B polo medio a 5 do líder. Unha vitoria local podería, se o Xallas B non vence en Camelle, e tampouco o fai o Oza ante o Seaia, daría o título ao cadro camariñán.

No #Futfem tamén hai citas importantes. O Bergan, xa ca fase de ascenso asegurada, se vence ou empata en Lugo, proclamarase campión do grupo. Na 2ª, partidos importantes para Cerquueda e Cee ante Unión e Praíña para manterse na loita polas 4 prazas que dan acceso á fase de ascenso.

 

As táboas de resultados e clasificacións, e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com

Comentarios