Mércores. 09.10.2024
El tiempo

#FutFem: O Bergan ratifica a súa presencia na fase de ascenso á categoría Nacional

Bergantinos FC 2021-2022
#FutFem: O Bergan ratifica a súa presencia na fase de ascenso á categoría Nacional

Xornada dispar para os nosos equipos do FutFem costeiro.

Na 1ª División, o Bergantiños aprovetaba o parón para disputar un partido aprazado da xornada 12. As de Gueli non fallaban ante o Orzán, un rival directo polo título e por meterse na fase de ascenso, cun novo tanto de Cruz (segunda pichichi da categoría con 10 tantos) e son máis líderes, sacando xa 5 puntos e cun partido menos que o Lugo. De feito, as vermellas xa confirmaron a súa presencia na fase de ascenso á 1ª Nacional, e se vencen a semana que vén ás lucenses serían automaticamente campionas do grupo.

Na 2ª, o Cee mantense na loita polo título. As de Rafa vencía ao pechacancelas e só está a 4 puntos do intratrable Noia, e a 1 do Cacheiras, que saía vivo do San Paio de Refoxos a semana pasada e esta puido co Xallas.
As que seguen aí, na pelexa por meterse na fase de ascenso, son o Cerqueda. Desois de vencer ao Victoria C, quedan a só 2 puntos do Calo, iso si, cun partido máis.

Malas novas en Mazaricos, que caía sorpredentemente ante o Bandeira B, colocando a primera derrota do seu taboleiro. En calquera caso, a vindeira semana reciben na casa ó líder e no caso de poder gañarlles recuperarían o liderato.

1ª División Feminina, Gr.1, xornada 12

Bergantiños - Orzán (1-0)

  • Bergantiños: Andrea, Noelia, Tati, Elena, Laura Caamaño, Paula, Marián, Yaiza, Inés, Alba e Cruz. Tamén: Lorena, Laura Torrado, Zaida, Bárbara e Lara.
  • Gol: 1-0, m.27: Cruz a pase de Yaiza.

Partido apretado o vivido nas Eiroas nun choque aprazado da xornada 12. Os dous equipos querían levar a iniciativa, nun choque vistoso con ocasións para os dous equipos. Comezaron as herculinas dominando o balón, pero a partir dos 20 minutos foise estirando o cadro local e conseguían adiantarse por medio de Cruz. As visitantes tiveron un tiro pau para poñer o empate antes do descanso.
Na segunda metade, o Bergan, con máis experiencias, dominou o tempo do partido. Só contra o final, a base de fútbol directo as visitantes fixeron algunha ocasión, pero entre Andrea e a defensa solventaron o perigo. 

Antes do partido, Alba recibía o trofeo Casa Francisco á xogadora máis regular da temporada pasada.

2ª División Feminina, Gr.3, xornada 15

Amio - Cee (0-12)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba Trillo, Lucía Canosa, Saray Duarte, María Lijó, Sharay Caamaño, Uxía, Lucía Martínez e Laura Blanco. Tamén: Lucía Barreiro, Sabel, Antía e Ruth.
  • Goles: Lucía Martínez (5), Uxía, María Lijó, Marina, Antía, Lucía Canosa, Lucía Rodríguez e Lucía Barreiro.

Partido sen historia, con dominio absoluto das ceenses ante o pechacancelas, e unha Lucía Martínez en estado de gracia, marcando os primeiros 4 tantos en apenas 15 minutos do ecuador da primeira metade.

Cerqueda - Victoria FC C (4-1)

  • Cerqueda: Lidia, Gabi, Zeltia, Naroa, Raquel, Ana, Saskia, Lucía Dourado, Lorena, Isa, Eva. Tamén: Natalia e Nuria.
  • Goles: 1-0, m.11: Gabi de falta; 2-0, m.34: Naroa; 3-0, m.83: Gabi; 4-0, m.90: Gabi.

Partido marcado polo mal tempo o disputado na mañá dominical. Pronto se adiantaron as locais cun magnífico lanzamento de falta por parte de Gabi, nunha primeira parte marcada pola presión alta das locais. Á media hora sería Naroa quen batería á porteira visitante para ampliar a vantaxe. Con 2-0 chegaría a mellor das visitantes que non renunciou a saír co balón xogado en ningún momento do partido, pero sería Lydia a que salvaría ao Cerqueda nun man a man cunha gran parada para chegar ao descanso con 2-0.

Na segunda parte o Vitoria conseguía ter a pelota en campo rival pero non chegaba con perigo e foi Gabi a que ampliaría a vantaxe ao 3-0 no minuto 80, ela mesma pecharía o partido como o empezou, con outro lanzamento de falta no minuto 87.

Cacheiras - Xallas (2-0)

Xallas FC Feminino 2021-2022
  • Xallas: Xiana; Laura, Alicia, Rita e Maite; Michelle, Luchy e Andrea; Yoli, Yasmina e Xastia. Tamén xogaron, Leti, Lucía, Rosio, Ines e Tania.
  • Goles: 1-0, m.37; 2-0, m.44.

O partido comezou cun Cacheiras moi dominador, que controlou e dominou o esférico, chegando en varias ocasións a meta defendida por Xiana. Na parte final da primeira parte no minuto 37 chegaba o primeiro gol do equipo local e no último minuto da mesma metade de falta directa acadaría o 2-0 que sería un golpe anímico moi difícil para as xalleiras.

Na segunda metade un Cacheiras ben armado atrás saíu en varias contras pero non chegaron a bo fin. Pola contra o equipo xalleiro si tivo un remate de Leti dende o punto de penalti que saíu por riba do longueiro por pouco e unha falta que parou a meta local cunha gran estirada que de converterse en gol daría emoción o final do partido.

Noia - As Miúdas (7-1)

  • As Miúdas: Adriana; Pau, Mariña, Clara, Sofía, Ana, Noa, Saray, Leti, Marta e Paty. Tamén: Nerea e Alba.
  • Goles: 1-0, m.33; 2-0, m.42; 3-0, m.50; 3-1, m.60: Paty; 4-1, m.66; 5-1, m.70; 6-1, m.75; 7-1, m,80.

Aguantou ben a primeira media hora o cadro de Juan Carlos ante as intratables líderes, que polo de pronto só cederon 2 empates en 14 partidos. Ben armadas atrás as Miúdas maniataron as embestidas das noiesas e mesmo buscaban balóns longos a Paty, que tivo algunha opción de abrir o marcador. O cadro local tocaba pero non entraban na área, ata que xa pasada a media hora, un erro nun córner permitía abrir a lata as locais. O segundo tanto, xusto sobre o pitido do descanso, tras un mal saque dende atrás, foi un xerro de auga fría.

Intentaron xogar máis as muradás na segunda, con Noa, habitual porteira, como medio centro, por mor das baixas. Fíxoo moi ben a polivalente xogadora pero o nivel das noiesas foi provocando que os goles foran caendo na meta de Adriana.

Non mereceu tanto castigo pero as muradás saíron contentas do seu partido.

Liga F7, Santiago, xornada 11

Bandeira “B” - Mazaricos (2-1).

  • Mazaricos: Pedrosa, Ánxela, Fátima, Graciela, Lúa, Daniela e María Jirra. Tamén xogaron: Seijas, Natasha e Claudia.
Mazaricos CF Feminino

Comezou o Mazaricos con moito ímpetu de abrir rápido o marcador. Avisaría Daniela nun par de ocasións, pero sería María Jirra quen abriría o marcador no minuto 7 logo de definir no man a man. Pouco lles durou a alegría as amarelas que viron como en oito minutos lle remontaban o partido logo de dous erros defensivos. Un deles a saida dun córner ós 12’ e outro logo dun barullo na área ós 15’.

E así se chegaría ao descanso onde as da costa cargaron as pilas e volvían saír coa mesma mentalidade que na primeira metade donde os postes, a defensa e a porteira visitante evitaron o gol nunha chea de ocasións. Tamén tiveron as locais a opción de sentenciar, pero foi Pedrosa quen o evitou desta vez desviando o un para un.

Crónicas do FUTFEM

Novas do Álbum Futfem Galego

Comentarios