PreviaQPC: Finde con sabor a Copa
- Todos os cadros en www.copadacosta.com.
Só queda un partido ligueiro para esta fin de semana. Será o do Bergan feminino, que se xoga as súas posibilidades de ascenso á categoría Nacional o domingo pola tarde nas Eiroas, pero tamén en Sárdoma, onde o Lugo non pode gañar.
Tamén se disoputa a última xornada da Preferente, co ollo posto no Xallas. O cadro de David González ten que gañar e esperar que pinche as Pontes contra Boiro para quedar segundos do grupo. Se non falla As Pontes, a outra posibilidade de salvarse pasaría pola derrota do Ribadeo, que quedaría tamén terceiro do seu grupo pero os xalleiros salvarían a categoría por fair play, segundo a circular que vén de publicar a RFGF sobre os arrastres.
Pero a atención desta fin de semana ten sabor a Copa, a #CopadaCosta. Arrinca a Copa da Costa coa Previa que enfrontará a Cabana e Corme nas Redondas.
Pero o protagonismo desta fin de semana é claro para as categorías base. Lombáns acolle a Fase Final de F8 (tendes os horarios) na xornada dominical.
Antes o sábado, terán lugar as finais das Copas Infantil, Cadete e Xuvenil:
- Infantil: Xallas - Outes o sábado ás 10:30h en Agra da Filgueira (Louro)
- Cadete: Muxía - Cerqueda o sábado ás 12:30h na Agra da Filgueira (Louro)
- Xuvenil: Corme - Xallas o sábado ás 17:30h en Xaviña (Buño)
Veteranos
Arrinca ademais a Copa de Veteranos.
- Todos os cadros en www.copadacosta.com.