Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Os primeiros equipos saen á escena

Fabian Gonez Diego Lobelos e Oscar Leis
O directivo do Muxía Fabián Gómez, coa "Doble L", Diego Lobelos e Óscar Leis
Os primeiros equipos saen á escena

Unha vez que se van perfilando case todos os adestradores da volta, e xa case que pensando no comezo das ligas, son varios os equipos que se van poñendo en marcha. Como o Muxía e o Malpica, xa que xa nos van debullando as súas estrturas deportivas.

Dous equipos que cambiaron de Directiva, pero que parece que collen a cousa con ilusión.

Renovación en Muxía

Por Muxía, os Diego Lobelos e Óscar Leis estarán acompañados no corpo técnico por Luís Romaní (adestrador de porteiros e delegado) e Felipe Vilela (que tamén fará as labores de Delegado). A directiva xa saben que a forman Juan José Busto como presidente, Irene Alcaina como vicepresidenta, José Nova de Secretario, Fabián Gómez de Tesoureiro e Manuel Martínez, Marina Busto e kiko Márquez como vogais.

No deportivo, renovan 17 xogadores do plantel, entre eles a columan vertebral do cadro que dirixiu Adrián Lema (Hugo Sambad, Tomás Quintáns, Brais Mouzo, Maikel Mouzo, Michael Vilela, José Sar Conguito, Dani Reigía, Roberto Pereira, Mauro Romaní, Julián Busto, Adrián Alcaina, Víctor Alcaina, Mario Romaní, Ismael Márquez, Javi Rey Toja e Manu Nogueira), e contan coas incorporacións de Ángel Luis (que estaba sen equipo), Edu (Lira), Tati (sen equipo) e Tano (sen equipo).
Ademais farán a pretemporada, que comeza o 30 de xullo, Rodri Salgueiros, Alex Martínez, Martinciño, Gerardo e Miguel Pampin.

O novo Malpica en marcha

Gurita será o patrón do cadro malpicán, tanto dentro como fóra do campo. O adestrador estará acompañado polos xogadores Gonzalo Vilariño e Michi Castro, que farán de axudantes; por Eusebio Pena Suarez como adestrador de porteiros, e como non, por Federico Blanco como delegado. José Luís Rodríguez Horsburgh fará de cámara.

Ademais, na Directiva estará de presidente un veterano Jesús Vila Varela, sendo Gurita o propio vicepresidente xunto con Manuel Lema. Ademais, tamén forman na directiva José Luís Bardanca (tesoureiro) e María Ordóñez, José Luís Rodríguez Horsburgh, Santiago Villaverde, Mónica Martínez e Engracia Mato de vogais.

Hai 13 xogadores renovados (Ángel Lamas, Cristian, Laik, Jorge Martínez, Andy Oropeza, Manteca, Brais Cean, Migueliño, Aitor Vilas, Gonzalo Vilariño, Roberto Suárez, David Lopez e Michi Castro) e 3 incorporacións polo de agora (Damian Gómez, Cristian Pache e Alberto Hombre).

A pretemporada dará comenzó o día 26 de Xullo as 21:00 no campo da Pedra Queimada.

Novas relacionadas

Comentarios