Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Promoción a 1ª: Só o Mazaricos colle vantaxe

Mazaricos-Porteno da semis da Copa da Costa.Foto-Parker 2
Imaxe do Mazaricos-Porteño da semis da Promoción-Foto-Parker
Promoción a 1ª: Só o Mazaricos colle vantaxe

Unha vez rematadas as Ligas da Costa, o fútbol costeiro pon o foco, ademais de na Gala, na Copa da Costa e nas promocións. Mentres a Promo da 3ª ten que esperar unha semana máis, o calendario deparou que nesta ponte das Letras confluísen unhas semis de Copa e unhas semis da Promoción de Ascenso á 1ª Galicia, con doble xornada (venres promoción e domingo Copa) para Muxía e Porteño. Semella que ambos priorizaron a Copa, se ben demostraron que están facendo unha temporada absolutamente histórica, e con claras opcións de disputar o pase ás dúas finais.

Na Promoción, só o Mazaricos colleu vantaxe de cara a volta. O cadro de Marcos pode ser o que máis esforzo e ilusión lle mete ao ascenso, obxectivo claro, e irá á Grixa cun 1-0.
Pola súa parte, Outes e Muxía asinaron táboas e se xogarán o pase á final polo ascenso en Arliña.

Ida das Semis da Promoción de Ascenso á 1ª Galicia

Outes - Muxía (1-1)

  • Outes: Dani, Jura, Babu, Adrián (Claudino), Keko, Martín, Pablo, Veleiro, Iván (Óscar), Ryan (Ramiro), e Yago Dosil (Estefan).
  • Muxía: Víctor, Peski, Mateo, Michael, Gusa, Kevin, Xan Nogueira, Darío, David, Manu, Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Víctor Alcaina, Iago Muíño, Hugo, Mauro.
  • Goles: 1-0, m,58: Iván; 1-1, m.67: Iago Muíño.

Outes Muxia da Promocion de ascenso a 1

Partido de moiro respecto, sobre na primeira metade na que as ocasións escasearon nas dúas áreas. Os de Alex Romero (menuda semana vivida polo míster da Serra, que foi ser operado ao longo da semana e tivo que ver o partido dende a cabina de megafonía), estsiveron moi precipitados e imprecisos co balón neste tempo, pero sen sufrir en defensa. O Muxía non quixo ser tan dominador como había, coa cabeza na Copa, e aínda que foi quen de levar o peso do partido co balón nalgún tramo, non foi quen de someter aos outienses como noutras ocasións.

Xa no segundo período, o Muxía estivo máis agresivo arriba, non permitindo que os centrais locais desprazasen con comodidade. Cando mellor parecía que estaba o Muxía, nunha boa internada na área Iván conseguía o 1-0. Tivo rápida resposta o equipo visitante, e non tardaron en empatar o partido por medio de Iago Muíño. Volveu igualarse tamén no xogo o partido e ninguén quixo correr riscos, con algunha chegada pero sen pegada, deixando o xusto empate no marcador final, e deixando todo para a volta en Arliña.

Mazaricos - Porteño (1-0)

  • Mazaricos: Iván Baña, Sanchiño, Borja, Raúl, David, Fran Pose, Pereiro, Iago, Brais Canosa, Marcos e Molinos. Tamén: Carreira, Ricardo, Rachón, Xoel e Luís Mayán.
  • Porteño: Sergio, Darío, Pejo, Brais, Rodri, Vicente (Ángel), Joseba, Pablo, Manoliño, Jairo e Alan.
  • Goles: 1-0, m.50: Molinos.
Mazaricos-Porteno da semis da Copa da Costa.Foto-Parker
Foto-Parker

Xustiños de forzas chegaron os de Cousillas ao Pino do Val a este choque dominical despois da Copa disputada o venres. Foi un partido apretado, sen demasiada intensidade, cun Mazaricos dominando o partido e o control do balón por completo, ante un Porteño ben armados atrás, e buscando algunha contra ou algunha xogada a balón parado. Tivo algunhas de feito o cadro de Cousillas, cunha falta de Alan que para Iván Baña, se ben o dominio do balón e a maior intensidade, así como as mellores ocasións, foron dos de Marcos.

Adiantouse na segunda o Mazaricos, pero non foi quen de meter unha marcha máis, e se foi contaxiando do ritmo dos visitantes. Así, na Ponte quedan coa sensación de chegar vivos á Grixa mentres que os locais cren que puideron ter matado a eliminatoria.

Mazaricos-Porteno da semis da Copa da Costa.Foto-Parker 3
Foto-Parker 
 

Os cadros das competicións formato copa en www.copadacosta.com.

Comentarios