Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Copa da Costa: Muxía e Porteño selan táboas en todo mentres o Dumbría mete un pé na final

Manu Nogueira e Saviola no Muxia-Porteno da Copa da Costa-Foto-Marina Busto
Manu Nogueira e Saviola no Muxía-Porteño das semis da Copa da Costa-Foto-Marina Busto
Copa da Costa: Muxía e Porteño selan táboas en todo mentres o Dumbría mete un pé na final

Unha vez rematadas as Ligas da Costa, o fútbol costeiro pon o foco, ademais de na Gala, na Copa da Costa e nas promocións. Mentres a Promo da 3ª ten que esperar unha semana máis, o calendario deparou que nesta ponte das Letras confluísen unhas semis de Copa e unhas semis da Promoción de Ascenso á 1ª Galicia, con doble xornada para Muxía e Porteño (venres promo e domingo Copa). Semella que ambos priorizaron a Copa, demostrando en todo caso que están facendo unha temporada histórica.

Tralo empate de Arliña, ambos se xogarán o pase á final da Copa da Costa na Grixa o domingo que vén. Mentres, o Dumbría, como gran favorito, volve ao Conco con vantaxe, pero o Ponteceso pelexará ata o final como demostrou marcando o gol que aínda o deixa con vida no m.90.

Ida das Semis da Copa da Costa 2024

Muxía - Porteño (2-2)

11 do CF Muxia na Copa da Costa-Foto-Marina Busto
11 do CF Muxía-Foto-Marina Busto
  • Muxía: Domingo, Peski, Anxo, Michael, Gusa, Hugo Haz, Mauro Romaní, Víctor Alcaina, Julián, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Víctor, Mateo, Kevin, Iago Muíño, Xan Nogueira, David e Manu.
Copa da Costa-11 do Porteno en Alina-Foto-Marina Busto
11 do Porteño-Foto-Marina Busto
  • Porteño: Sergio, Vicente (Ángel), Pejo, Brais, Rodri, Darío, Joseba, Pablo, Manoliño, Jairo e Alan.
  • Goles: 0-1, m.28: Mayor coa axuda do porteiro; 1-1, m.30: Hugo Haz; 1-2, m.65: Pejo; 2-2, m.77: Hugo Haz.
Iago e Pejo na Copa da Costa-Foto-Marina Busto
Fran Moreira e Pejo -Foto-Marina Busto

Partidazo espectacular o vivido en Arliña, cunha marea de afeccionados dos dous equipos, que se amosan neste histórico momento. Adiantouse o Porteño cun córner de Mayor que tivo a colaración do meta local. Pero pouco duraba a alegría na banda de Ponte e Hugo aparecía para facer o empate

Mascábase a tensión, pero durante un tramo da segunda, o Porteño conseguíu baixar o balón e dominar, puidéndose poñer por diante cun gol de Pejo. Tivo o 1-3 o cadro visitante, que facía dano a bañón parado, pero aí reaccionou o Muxía que comezou a envorcar o campo aparecendo de novo Hugo Haz para facer o empate. Coa inercia o Muxía seguía percutindo pero os da Ponte foron quen de aguarar o tipo.

Muxia-Porteno da Copa da Costa.Foto-Marina Busto
Victor Alcaina conduce o balón. Foto-Marina Busto

Ponteceso - Dumbría (1-2)

  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Eloy Trigo, Iván Rod., Pedro, Ángel, David Castro, Javino, Mendieta, Alberto Recarey e Neira. Tamén: Samuel, Ures, Juan Rey, Dani, Raúl, Martín e Hugo.
  • Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Alex Sánchez, Baba, Miller, Gabri Goyes, Mataso, Lucas e Raúl. Tamén: Miguel, Alex Sendón, Rivi, Alex, Adrián Periscal, Antón.
  • Goles: 0-1, m.18: Raúl; 0-2, m.52: Raúl; 1-2, m.90: Javino.

Os visitantes fixeron valer a diferencia de categoría dende os primeiros minutos meténdolle moito ritmo ao partido e acorralando aos locais no seu campo. A base dun fútbol moi físico e directo non daban tregua os de Pablo Conde que dispuxeron de varias accións a balón parado e un bo remate de Lucas Toba que Damián desviou a córner. O gol chegaría nunha indecisión da defensa local que Raúl faría boa para poñer o 0-1que facía xustiza ao acontecido ata ese momento. Para máis inri os locais sufrían as lesións de Eloy Trigo e Alberto Recarey mermando desta maneira aínda máis os recursos dos de dispuñan.

Á volta do descanso, volverían a marcar os visitantes poñendo terra de por medio no marcador e case sentenciando a eliminatoria. Semella que aí levantaron un pouco o pé e a intensidade dando a posibilidade aos locais de estirarse algo máis pero sin apenas perigro para a meta de Anxo. Nos minutos finais o Ponteceso dispuxo de algunha que outra acción a balón parado gracias á pelexa dun Mendieta que se rebelaba ao destino do equipo. Primeiro avisou Pedro cunha boa volea á saída dun córner e finalmente Javino puxo o 1-2 ao rematar unha boa falta sacada por Iván Rodríguez a pé cambiado xa no desconto.

Asi chegouse o final deste primeiro asalto deixando as espadas en alto para unha posible remontada do Ponteceso a domicilio pero que se antoxa "harto difícil" ante un Dumbría moi forte.

 

Os cadros das competicións formato copa en www.copadacosta.com.

Comentarios