Luns. 01.06.2020
El tiempo

QPC volve traer o Álbum de Cromos do Fútbol da Costa

QPC volve traer o Álbum de Cromos do Fútbol da Costa
Portada album cromos Lembrades o primeiro álbum de cromos da historia do Fútbol da Costa?. Si, aquel que armou o equipo de QPC na temporada 2013/2014, e que foi un verdadeiro terremoto social na Costa da Morte, cunha repercusión mediática sen parangón. Si, aquel que ata tivo unha ateigada Gala de presentación en Santa Comba con David Vidal e Mónica Martínez. Pois esta campaña 2018/2019, o equipo de QPC, xunto coa empresa viguesa Sportcrom, prepara xa o novo álbum de cromos. Un álbum que será o máis completo xamás visto, pois temos varias novidades: a presencia de todos os equipos do fútbol costeiro (incluídos os da 3ª e os dous clubs do fútbol feminino) e a participación do gremio de árbitros. Xa anda David Castro polos campos da comarca como fotógrafo oficial do álbum, sacando as fotos que servirán para realizar os cromos, que distribuiremos polos clubs da comarca e por varios puntos de venda. Iremos contándovos como segue esta fermosa iniciativa, unha desas propostas que serve para xerar un mellor ambiente nos campos de fútbol da volta. David Castro sacando a foto a Conguito en Muxía para o álbum de cromos do Fútbol da Costa David Castro sacando a foto a Conguito en Muxía para o álbum de cromos do Fútbol da Costa

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/da-repercusion-mediatica-do-album-de-cromos-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/a-noite-das-estrellas-do-futbol-da-costa/

comentarios