Se queres gañar, vai votar

En esta democracia que vivimos só temos o dereito de votar e non é unha obligación, por iso gran parte do mundo se deixa ir ou lle da igual facer valer o único poder que nos entregan os políticos.
Eses mesmos políticos que fan que os simpatizantes se convirtan en radicais e en vez de pensar no mellor de cada un, convértese nun partido de fútbol sin mirar proxectos e só deixándose levar por unhas cores representativas.
Temos que fixarnos por quen apoia a cultura o deporte e a nosa lingua, iso que nos fai únicos e diferentes. O galego está vivo e demóstrase con éxito tan rotundo no mundo teatral de Touriñan e Carlos Blanco colgando o cartel de esgotado tanto en pobos como nas grandes ciudades teoricamente castelánfalantes.
No mundo do deporte os galegos tamén estamos en alza quizais non en temas futbolísticos, aínda que agora o gran referente sexa Iago Aspas, o “Principe das Bateas“, que tira do Celta ademais de ser un fixo nas convocatorias da selección española. Ana Peleteiro é outra dos referentes no mundo do atletismo e sempre con orgullo do galego e de ser galega.
O 28 de abril volve a disputarse a Liga da Costa despois do parón por Semana Santa, xa co Mazaricos campión e cos descensos perfilados, só á espera do segundo posto para xogar a promoción e de algún posible arrastre de categorías superiores.
Pero tamen será o gran día das votacións que nos farán elixir quen nos gobernara durante os próximos catro anos, así que temos que buscar tempo para disfrutar do noso fútbol e do noso dereito nas urnas.
Votade por vós e non por eles.
- Ángel Garrido.