luns. 11.11.2024
El tiempo

Reis, churrasco, viño e… cromos

Reis, churrasco, viño e… cromos
Churrasco e cromos do Futbol da Costa Churrasco e cromos do Fútbol da Costa Coleccionando cromos no Carral Coleccionando cromos no Carral ”Están os nenos da volta que tolean co #AlbumdaCosta”, cóntannos dende todas partes da bisbarra. A verdade é que estamos recibindo fotos ben fermosas de xentes de toda a volta disfrutando coa colección de cromos das estrellas do Fútbol da Costa. Xa se agotaron e houbo que enviar novas remesas de cromos a lugares a Baio, Corme, Muros… E iso que aínda non volveu a actividade ás cantinas dos campos de fútbol, onde coa volta das competicións volverán encherse de cromos. Así por exemplo, estanse vendo estampas coma esta, cando ao chegar ao bar un neno dille a un dos xogadores do Laxe: - “Tocáchesme hoxe pola mañá!!!! Por fin!!!!”, deixando máis que orgulloso ao protagonista. Por Camelle a pequena Lúa, de só 7 anos, está empapelando o Bar A Molinera de cromos…. Pero non só nenos están que alucinan cos cromos. Estes días recibimos fotos de maiores compartindo cromos, co churrasco, co viño e coa estrella, por exemplo, apeoveitando estas comidas soleadas. Esperamos que nos enviedes as vosas fotos co álbum como fixo Héctor.   Cromos da Costa ata nas noites dos pubs de Carballo Cromos da Costa ata nas noites dos pubs de Carballo A Molinera de Camelle cos Cromos da Costa A Molinera de Camelle cos Cromos da Costa

Puntos de venda

Ademais dos puntos de venda que xa anunciamos no seu día, varios clubs pedíronnos cromos, polos que xa podedes preguntar aos membros do CD Muros, do SD Laxe…

Novas do #AlbumdaCosta

https://quepasanacosta.gal/a-costa-colecciona-por-nadal/

Comentarios