A RFEF determina finalizar as Ligas non profesionais sen descensos

O ente federativo sinala que na 2ª División B e na 3ª División si haberá fase final, en formato exprés, a porta pechada, salvo en categorías xuvenís onde se dá por terminada a tempada e se practican os ascensos. Na nosa zona a decisión provoca que o Paisaco, que marchaba último na táboa, manteña a categoría e volverá competir co Bergantiños na 3ª División.
A decisión provocará que haxa 100 equipos na 2ºB a tempada que vén, polo que haberá 5 grupos, posiblemente con subgrupos para facer a liga máis curta. Ademais, terminada a tempada 20/21, e unha vez aplicados os ascensos e descensos de 2ª División A, crearase unha nova categoría coa súa propia competición na tempada 21/22 entre 2ª División A e 2ª División B, con dous grupos de 20 equipos.
Das “nosas” ligas (Preferente, 1ª, 2ª e 3ª Galicia) a RFEF non fai referencia algunha, polo que teremos que agardar á decisión da Real Federación Galega de Fútbol, dende onde piden “calma”.
Novas de Fútbol Confinado
- Manolo Corredoira analiza o futuro do Fútbol da Costa
- Conversa de cordura no Fútbol da Costa en tempos de coronavirus.
- O Fútbol da Costa bota o peche á temporada con total probabilidade.
- Rafael Louzan fala con QPC sobre o estado da situación competicional.