Martes. 19.10.2021
El tiempo

Rubiales, outro namorado da Copa da Costa, estreou o novo céspede de Fontenla

RFGF e RFEF en Fontenla
O clásico corte de cinta da RFGF, RFEF e Concello de Santa Comba en Fontenla
Rubiales, outro namorado da Copa da Costa, estreou o novo céspede de Fontenla

Este pasado venres, a visita do presidente da RFEF, Luis Rubiales, acompañado da expedición institucional comandada polo presidente da RFGF, Rafael Louzán, servía para inaugurar o novo céspede artificial do campo de Fontenla, en Santa Comba.

Na capital xalleira, tanto o alcalde, David Barbeira, como a responsable da RFGF na Costa da Morte, Silvia Cancela, facían de anfitrións, nunha visita na que tamén tiveron protagonismo a presidenta do Xallas CF, Bea, e o presidente do CF Castriz, Pince.

Como non podía ser doutro xeito, Louzán trasladoulle a potencia da nosa competición máis mítica, a Copa da Costa, e Rubiales, prometeu regresar á zona para presenciar, en vivo e en directo, un partido. "O meu amigo Rafa (Louzán) díxome que é moi especial, fútbol en estado puro, e prometo volver cando esta pandemia permita que volva o fútbol", declarou o presidente da RFEF.

Rubiales co Castriz e Xalla
A presi do Xallas o alcalde e o presi do Castriz no novo FontenlaRubiales en Fontenla

O presidente da RFEF, Luís Rubiales, e o seu homólogo na RFGF, Rafael Louzán, visitaron posteriormente a sede social do Amarelle FSF en Santa Comba. Alí foron recibidos por varios directivos e á fronte Severino Amarelle, alma mater da histórica entidade do fútbol sala en Galicia.

A xornada serviu para saber que Louzán se convirte no presidente da Comisión de 3ª División da Real Federación Española.

comentarios