O San Ramón, proclamouse Campión da Costa de Veteranos
Non se fixo esperar, e con dúas xornadas de marxe, o ACD San Ramón alzouse co título de Campión da División de Honra de Veteranos. Os laracheses sumaron un punto ante o Castriz que lles valeu para proclamarse campións, con 6 puntos de marxe, e o golaveraxe, sobre o Sporting Zas.
Recolle así o relevo do San Lorenzo como campión da Costa, gracias a xogadores como os imáns Juni e Mario, Leilán, Rizos ou Marcos.
O descenso
Precisamente o Castriz é o equipo que poderá loitar para evitar un dos 3 postos de descenso. Os xalleiros están 3 puntos por debaixo do Cabana e 4 do Soneira, despois preciamente da fundamental vitoria dos vimianceses aos cabaneses nesta xornada. Teno complicado o cadro rossonero, pois terá que vencer ao Corme e esperar que o Cabana tropece na casa ante o Corcoesto, o pechacancelas.
Rematou a 1ª
Así mesmo quedou pechada a 1ª División, co título do podero At. Carballo e o seu ascenso xunto co Cances.
Á promoción irán o Fisterra, Malpica, Mazaricos e Buño.