Santa Comba acollerá a V Gala do Fútbol da Costa - QPC

14:29 06/06/18

Votacións
Coma sempre, boa parte dos premios serán escollidos polos propios protagonistas. Adestradores, xogadores, delegados, xornalistas… farán as súas votacións para escoller aos mellores da temporada 17/18. Iremos traendo ao longo destas semanas as novidades deste ano, que son varias e interesantes. Como sempre, iso si, manteremos as homenaxes a Abdoulaye, cun dos premios de fútbol base, e a Pombo, con ese premio zamora.Patrocinadores
Non podemos esquecer, un ano máis, a todas as casas que fan posible estas Galas. Comezando por Calvo, patrocinador do 11 de ideal, e continuando por Bar Bristol de Carballo (Mellor Directiva), A Revista Fútbol Táctico (Mellor Adestrador), Albañilería Esteban Blanco de Castriz (Mellor Xogador), O Semáforo de Fisterra (Mellor Equipo), Aluminios Dumbrías (Mellor Equipo Feminino), Saunier Duval (Mellor Árbitro e Mellor Delegado), Clínica O Burgo Carballo (Acción Máis Deportiva), Autocares J. Pombo (Mellor Equipo de Fútbol Base), Seguros Reale-Roberto Mouro (Pichichi de Pref. e 1ª), Representacións Juan Silva (Pichichi da 2ª); DaFIT Adestramento Persoal (Pichichi de 3ª); Comercial Agrícola Miky (Porteiro menos batido de 2ª), e Vitureira Bouzas (porteiro menos batido da 3ª). Ademais Escuela de Porteiro Nordés entregará uns guantes para os zamoras. Non esquecemos tampouco aos Estación de Servizo Bazarra e Restaurante D’Álvaro que están todo o ano colaborando co Fútbol da Costa.As Galas do Fútbol da Costa
https://quepasanacosta.gal/a-emocion-protagonista-da-gala-do-futbol-da-costa-qpc/- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)