Martes. 30.04.2024
El tiempo

Santa Comba acollerá o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Veteranos este 17 de maio

Seleccion de Veteranos da Costa da Morte na sua estrea
A Selección de Veteranos da Costa xa disputou o torneo en 2019 alcanzando o podio galego
Santa Comba acollerá o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Veteranos este 17 de maio

Segue a ser o campo de Fontenla o campo fetiche para a Real Federación Galega de Fútbol. Este 2023 volverá acoller a final da Copa da Costa, e tamén acollerá, xunto co de San Pedro de Castriz, o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Veteranos.

Será este 17 de maio cando 160 xogadores de toda Galicia participen no campionato.

A selección da Costa, que xa subiu ao podio na estrea deste campionato, disputará a primeira fase en Fontenla ante A Coruña-Ferrol e Pontevedra, para buscar un pase ás semis e a final que se disputa ás 19:00h.

Ao mando da Amarela estarán Sebastián, o Presidente do San Román, acompañado do Delegado dos Veteranos da Costa, Modesto Parga, e o presidente fisterrán Sergio Insua

Calendario Veteranos Santa Comba

Novas relacionadas

Comentarios