Martes. 16.04.2024
El tiempo

As semifinais da Copa da Costa 2019 en liza no Hermanas Patiño e no Cairo

Pablo (Camariñas FC), Raúl (Cabana SD), Sueiro (Corme CF) e Pachi (SD Esteirana) analizaron a volta das semifinais da Copa da Costa 2019 co equipo de deportes de QPC. Fotos: David Castro.
Pablo (Camariñas FC), Raúl (Cabana SD), Sueiro (Corme CF) e Pachi (SD Esteirana) analizaron a volta das semifinais da Copa da Costa 2019 co equipo de deportes de QPC. Fotos: David Castro.
As semifinais da Copa da Costa 2019 en liza no Hermanas Patiño e no Cairo

Esta vindeira fin de semana, o Hermanas Patiño e o Cairo dictarán sentenza para dous dos semifinalistas desta Copa da Costa 2019 que tantas sorpresas nos deixou e saberemos quenes serán os dous conxuntos que disputarán a finalísima da competición por excelencia do fútbol costeiro.

Para analizar estas dúas semifinais que están a lume vivo e na que a emoción será total, quixemos falar cun xogador de cada un dos equipos para que nos conten as súas impresións dende dentro de cada un dos vestiarios.

Os protagonistas

Pablo Novo, porteiro do Camariñas FC

Pablo (Camariñas FC) (Copiar)

QPC: Como viches o partido de ida?

P.N.: Partido intenso e con polémica no que nós comezamos máis nerviosos e iso aproveitouno o Cabana para marcar, despois pouco a pouco fomos a máis.

QPC: Cres que o resultado que se deu nas Redondas é máis positivo para vós ou para o Cabana?

P.N.: Temos a vantaxe de que xogamos na casa, pero é engañoso. Un gol deles complicaríanos moito e nós perdemos ao noso mellor xogador por expulsión.

QPC: Que cres que vos vai deparar o partido de volta no Hermanas Patiño?

P.N.: Vai ser un partido de moita intensidade igual que o primeiro no que temos que saír máis tranquilos.

QPC: Que agardades do Cabana neste encontro de volta das semifinais da Copa da Costa?

P.N.: Supoño que saíran fortes a polo partido pois teñen que marcar para pasar.

QPC: Como están os ánimos no vestiario para afrontar este encontro que vos pode poñer a un paso do título copeiro?

P.N.: Estamos moi ilusionados con poder estar na final.

QPC: Cal cres que será a final desta Copa da Costa 2019?

P.N.: Camariñas – Corme.

Raúl Fernández, xogador do Cabana SD

Raúl (Cabana SD)

QPC: Como viches o partido de ida?

R.F.: Foi un partido no que comezamos un pouco mellor e reflexouse en varias ocasións e co gol. Despois disto, relaxámonos e perdemos o control do balón e do partido o que resultou no empate final que conseguiu o Camariñas.

QPC: Cres que o resultado que se deu nas Redondas é máis positivo para vós ou para o Camariñas?

R.F.: Véxoo igualado xa que se queremos demostrar que queremos chegar á final temos que marcar si ou si.

QPC: Que cres que vos vai deparar o partido de volta no Hermanas Patiño?

R.F.: Un partido duro no que a afección vai apretar dende o minuto un.

QPC: Que agardades do Camariñas neste encontro de volta das semifinais da Copa da Costa?

R.F.: Un rival moi competitivo que tamén quere demostrar porque quere chegar a unha final.

QPC: Como están os ánimos no vestiario para afrontar este encontro que vos pode poñer a un paso do título copeiro?

R.F.: Mais motivados ca nunca e seguros do que temos que facer.

QPC: Cal cres que será a final desta Copa da Costa 2019?

R.F.: A outra eliminatoria véxoa bastante igualada polo que non sabería dicirche, pero gustaríame que fose un Cabana - Corme para ter un pouquiño de motivación extra que dá un derbi nunha final.

Sergio Sueiro, xogador do Corme CF

Sueiro (Corme CFa (Copiar)

QPC: Como viches o partido de ida?

S.S.: Un partido de semifinais de Copa, cos dous equipos ordenados defensivamente e con medo a perder a eliminatoria no primeiro encontro. A primeira parte xogaron mellor eles e a segunda, nós.

QPC: Cres que o resultado que se deu no Xosé Luis Vara Olveira é máis positivo para vós ou para o Esteirana?

S.S.: Bueno, creo que eles ao non encaixar levan algo de vantaxe pero nós xogamos no Cairo. O empate foi xusto.

QPC: Que cres que vos vai deparar o partido de volta no Cairo?

S.S.: Un partido disputado e intenso con dous equipos que tratan ben a pelota. Eles teñen xogadores de calidade e tamén físicos. Vai  ser bonito de xogar e de ver.

QPC: Que agardades da Esteirana neste encontro de volta das semifinais da Copa da Costa?

S.S.: Algo parecido ao da ida, non? Con diagonais e os extremos ben abertos. Recuperan dous bos xogadores e será aínda máis difícil de gañarlles.

QPC: Como están os ánimos no vestiario para afrontar este encontro que vos pode poñer a un paso do título copeiro?

S.S.: Bueno, todos temos ganas de gañar a Copa e celebralo coa afición, que nos segue cada domingo e iso non hai cartos que o paguen. O domingo vai estar o Cairo a tope e nós faremos todo o posible por pasar. Fastidiounos bastante a lesión de Adri na ida, porque nos dá moito desborde, pero estamos moi ilusionados e con ganas de gañar, por suposto.

QPC: Cal cres que será a final desta Copa da Costa 2019?

S.S.: Home, un Cabana - Corme estaría ben (risas). Somos os 2 de preto e sería bonito. Pero bueno, nós se pasamos o domingo creo que nos dá bastante igual quen pase. O bonito desta copa é que a vai gañar un equipo modesto, eso fixo. Esperemos que nós, que creo que o merecemos.

Brais Romero “Pachi”, xogador da SD Esteirana

Pachi (SD Esteirana) (Copiar)

QPC: Como viches o partido de ida?

B.R.: Foi un partido moi igualado con escasas ocasións claras por parte dos dous equipos. Por momentos, baixamos o nivel de intensidade e deixamos de crer no que estabamos a facer e iso non nos pode pasar no Cairo.

Somos conscientes do que nos estamos xogando e necesitamos recuperar o nivel mental que tivemos na anterior eliminatoria, facendo iso, temos moito gañado.

QPC: Cres que o resultado que se deu no Xosé Luis Vara Olveira é máis positivo para vós ou para o Corme?

B.R.: Penso que o resultado é máis favorable para nós. Tíñamos claro que era fundamental non encaixar goles e iso fixemos.

Ao Corme só lle vale a vitoria para chegar á final, mentres que a nós válenos calquera empate con goles e a vitoria, por iso penso que o resultado é máis positivo para nós.

QPC: Que cres que vos vai deparar o partido de volta no Cairo?

B.R.: Sabemos como é o Corme e sabemos como é o Cairo. Aí xa nos xogamos media salvación cando eles loitaban por ascender. Agora xogámonos unha final de Copa. Esperamos un campo cheo e que aprete moito. Sabemos que non imos estar sós, necesitamos o apoio dos nosos, eses que nunca fallan.

Tanto fóra, como dentro do campo, vai ser un auténtico partidazo.

QPC: Que agardades do Corme neste encontro de volta das semifinais da Copa da Costa?

B.R.: Como dixen antes, sabemos como é o Corme. Teñen xogadores que xogaron xuntos toda a vida e sen mirarse, un xa sabe donde se atopa o resto. E os Brais, Lucas, Alejo... son xogadores de moito nivel.

Agardamos un equipo forte na súa casa, que aprete e que vai intentar ter o balón en todo momento.

QPC: Como están os ánimos no vestiario para afrontar este encontro que vos pode poñer a un paso do título copeiro?

B.R.: O equipo está animado, con ganas de vitoria, con ilusión de poder xogar unha final de Copa. Levamos dende Domingo pensando neste partido.

Foi un ano moi complicado para nós e non podemos deixar pasar esta oportunidade. Nadie se rende, confianza plena en que o podemos conseguir.

Queremos darlle unha alegría a todos os que non nos fallaron en todo o ano, aos que sufriron e axudaron a levantarnos.

QPC: Cal cres que será a final desta Copa da Costa 2019?

B.R.: Coñezo a algún xogador do Cabana e do Camariñas pero non sabería dicir un resultado para esa eliminatoria. Só contemplo unha final donde esté a Esteirana.

Comentarios