Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Severino Amarelle, de homenaxe en homenaxe

Severino Amarelle, de homenaxe en homenaxe
Severino Amarelle en Santa Comba Severino Amarelle recibía en Santa Comba a primeira homenaxe da semana Menuda semana para Severino Amarelle, a alma do equipo de Fútbol Sala Feminino por excelencia en Galicia. Esta pasada fin de semana eran os seus veciños os que lle rendían homenaxe nun fermoso acto no Pavillón Municipal de Fontenla, con partidos e cea. E sen tempo a dixerila, este xoves 22 de xuño, o presidente do Viaxes Amarelle FSF, recibirá o premio “Toda unha Vida” na Gala do Fútbol Galego 2017 na categoría de fútbol sala, que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela). Foi emotivo foi o acto do pasado sábado. Santa Comba enteira quixo premiar a Seve polos seus 20 anos adicados ao FSF. Un home que ten sido todo en Santa Comba ademais. Foi directivo do Xallas das históricas copas, e un dos fundadores dos Veteranos do Xallas. El foi un dos grandes culpables da creación a cabalgata de reis, trouxo o campionato galego de motocross varios anos e chegou a traer nunha ocasión o de España. Fixo as mellores festas que se recordan na historia, xa nos 80 traía cars, corridas de touros e mariachis. Un home que foi concelleiro e un dos primeiros impulsores do fútbol feminino en Galicia. E non vai parar aos seus 80 anos. Así o dicía claramente: “Mentres a saúde permítamo seguirei sendo un mozo, novo, moi novo e orgulloso presidente”. Agora, recibirá o premio a nivel galego. Un recoñecemento vén asociado á categoría de fútbol sala, deporte ao que leva vinculado os seus últimos 20 anos, e onde empezou cun equipo na liga local de Santa Comba no ano 1997, e conseguiu facelo chegar á Primeira División no ano 2012 con xogadoras formadas na súa propia canteira, manténdose na élite durante tres anos, ata que fai dúas tempadas descendeu a Segunda División, cun meritorio cuarto posto esta última campaña. Pero non só de éxitos do primeiro equipo vén o recoñecemento, senón tamén ao traballo constante coa base e á implicación do mesmo en cada actividade, acumulando miles de quilómetros levando aos seus diferentes equipos no autobús por Galicia e fóra dela. Severino Amarelle en Santa Comba recibindo a primeira homenax Severino Amarelle en Santa Comba

Fonte

Comentarios