Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Sofán desfaise na recta final e o Fisterra confírmase como candidato

SD FISTERRA
SD FISTERRA
O Sofán desfaise na recta final e o Fisterra confírmase como candidato

Segunda fin de semana con varios encontros dos nosos e, por suposto, con moito movemento no carrusel do fútbol da Costa. O Sofán saíu goleado de Cantarrana tras unha gran primeira hora, o Xallas perdeu inxustamente ante o Laracha e a SD Fisterra volveu a amosar unha solvencia que, de mantela, a situará nos postos altos da preferente.

Viveiro 5-2 Sofán

Viveiro: Manu Cedrón; Agus, Nico, Dani, Pablo Rey (Pablo Louzao, 88’); Marino (Luki, 81’), Xaime, Marcos (Muíña, 72’), Asier (Rolle, 72’); Sidibe (Diego, 88’).

Sofán: Brais Gómez; Rubén Fraga (Iván, 60’), Dani Becerra, Canedo (Parafita, 72’), Borja Pita; Manu Barbeito (Kolie, 72’), Gody; Martín (Alexandre, 60’), Fabián, Paulo; Raúl Díaz (Jacobo Eibe, 72’). 

Goles: 0-1, 26’: Paulo / 1-1, 32’: Marino / 2-1, 38’: Sidibe / 2-2, 48’: Dani Becerra / 3-2, 55’: Vicente / 4-2, 61’: Sidibe / 5-2, 93’: Rolle.

Chegaba a SD Sofán ao mítico Cantarrana de Viveiro coa misión de sumar a súa primeira vitoria da tempada e conseguiu rapidamente facer o máis difícil, adaptarse ao terreo de xogo e ao rival. Así, pese a que os locais avisaron nos primeiros minutos, o equipo de Alberto estivo cómodo durante a primeira media hora de xogo, onde a presión e as rápidas transicións ofensivas foron as súas armas. Nunha desas chegou o gol de Paulo, que continúa nun gran momento e que fixo o 0-1 cun disparo raso e cheo de clase ao pao largo tras unha boa asistencia de Martín.

Pero a Terceira RFEF non da un respiro, nin sequera cando te adiantas despois de estar dominando durante a maioría da primeira metade, e o Viveiro aproveitou un momento de confusión visitante para darlle a volta ao marcador en tan só seis minutos.

Non obstante, os de Alberto volveron a facer o máis difícil e conseguiron a igualada ao inicio da segunda metade tras un bo remate de Dani Becerra nun córner. Foi entón, sobre o minuto 50, cando as forzas dos do Carral comezaron a decaer, o que os locais aproveitaron para afinar unha puntería que lles estaba faltando nas primeiras xornadas. Vicente e Sidibe pronto sentenciaron o choque, e nunha das últimas xogadas, Rolle fixo o quinto. Un quinto gol que significa a primeira dura derrota da SD Sofán, que esta semana recibirá ao forte Polvorín.

Fisterra 2-0 Boiro

Fisterra: Bouzi; Colombia (Cristian, 65’), Breixo, Aarón Fernández, Pablo Vigo; Cea, Julián, Ezequiel (Dani, 54’); Vía Rápida (Lobelos, 65’), Richi (Diego Cespón, 77’) e Diego Estévez (Makaay, 77’).

Boiro: Juan; Paco (Felipe, 83’), Borja, Javi Domingo, Pereira (Iago, 25’); Suso , John, Diego, Emilio (Mario, 57’), Saviola ; Eloy (Marcos, 57’).

Goles: 1-0, 17’: Ezequiel / 2-0, 89’: Julián.

Volvía o 100% de aforo ao Arasolis para un dos partidazos da xornada na preferente, entre dous candidatos a estar arriba. Polo menos así o confirmou a SD Fisterra que calcou a práctica actuación de Laracha para levarse un resultado idéntico. E iso que comezou intentando dominar para que Julián, Ezequiel e Richi apareceran en zonas perigosas onde puidesen poñer balóns a Vía e Diego. Precisamente, o ariete fisterrán foi o primeiro en atopar portería despois de amosar a súa potencia nunha carreira ante o central rival e estrelar o seu disparo cruzado no corpo do porteiro. Unha acción que repetiu cinco minutos máis tarde tras un bo pase dun Ezequiel, que despois dunha nova parada, aproveitou o rexeite para facer o primeiro cun disparo ca zurda á base baixa do poste.

O gol non durmiu aos locais, que tiveron máis ocasións antes do descanso para facer o segundo, pero nin Richi cun disparo dende fóra da área, nin Aarón de cabeza nun saque de banda puideron ampliar distancias. Pola súa parte, o Boiro só puido achegarse a meta de Bouzi cun disparo demasiado cruzado tras unha boa xogada por banda de Eloy Díaz, que militara en Arasolis a tempada pasada.

Na segunda metade, a SD adicouse a facer o que debía e o gran traballo do triángulo formado por Breixo, Aarón e Cea permitiu que Bouzi fose practicamente un espectador máis. Ademais, a xuventude da casa introducida nos cambios, como Lobelos e Dani lle deron unha marcha máis ao equipo. De feito, foi un roubo de Lobelos o que ocasionou a contra na que Makaay chegou a liña de fondo e centrou a Julián para que este fixese de cabeza a sentencia.

Xallas 1-2 Laracha

Xallas: Coke; Aitor, Caneda (Erre, 68’), Julito, Diego García; Josito, Doro (Mourelle, 88’), Xan Caridad ( Gándara 68’); Carlos Rieiro (Adán, 68’), Juan de Selia e Stefan.

Laracha: Míguez; David Picos (Adrián Bocija, 45’), Pablo Parafita, Brais, Noé; Dopico, Raúl Añón, Barroso (Joni, 65’), Sito (Jonathan Lage, 70’), Alberto Díaz (Carlos Fuentes, 89’); e Vila (Suizo, 83’).

Goles: 0-1, 2’: Barroso, de penalti / 1-1, 73’: Adrián Rodríguez / 1-2, 87’: Noé.

Non tivo sorte o Xallas no seu primeiro encontro da tempada ante un Laracha que, aínda que foi moi atrevido, levou un resultado demasiado favorable grazas a un inmellorable comezo, xa que antes do minuto dous xa ía gañando. Pero os locais non se caeron con ese duro golpe e seguiron o plan preparado durante toda a semana: presión arriba e buscar os espazos que deixaba a defensa visitante.

Chegaron así múltiples ocasións moi claras para os verdes, e iso que o Laracha pronto entendeu que ía ter que ser máis agresivo para cortar xogadas e non perder a vantaxe, e de aí as sete tarxetas recibidas. Aínda así, o Xallas empatou por mediación de Adri Rodríguez a falta de vinte minutos e lanzouse en busca do gol que lle dese a remontada. Unha decisión arriscada, como se demostrou co segundo gol do Laracha nunha contra nos últimos minutos á que os da Fontenla xa non puideron responder.

Comentarios