Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Soneira abre as portas á revolución do FUTFEM

Soneira portas a ertas futfem
O Soneira abre as portas á revolución do FUTFEM

Grandes novas temos este ano de novo arredor do fútbol feminino. Se este ano xa tivemos 16 equipos en competición, o vindeiro curso 2024/25 haberá varios máis. Xa falamos do proxecto da Esteirana, ou do Laxe, que está traballando para conseguir sacar tamén equipo fem. 

Hoxe coñecemos a idea do Soneira SD, que celebra este venres 21 ás 19:00 unha xornada de Portas Abertas para ver se hai quorum para competir o ano que vén na 3ª División Galega.

Por iso, invita a todas as rapazas da comarca, a calzar as zapatillas e ir probar a #CoraxeIrmadiña.

Comentarios