Xoves. 30.05.2024
El tiempo

O FUTFEM volve ao seu berce: A Esteirana súmase á revolución do Fútbol Feminino da Costa

  • Fran Figueroa e varias xogadoras da comarca liderarán o proxecto.
Fran Figueroa nun partido da Seleccion da Costa Feminina QPC en Louro
Fran Figueroa, nun partido da Selección da Costa Feminina QPC en Louro
O FUTFEM volve ao seu berce: A Esteirana súmase á revolución do Fútbol Feminino da Costa

Esteiro é pioneiro en materia de fútbol feminino. E volverá selo unha vez que o club anuncia que na vindeira campaña 24/25 competirá con equipo sénior feminino. Un equipo seguro que terá espellos onde mirarse, como o de Pacucha, unha das pioneiras, nai do mítico Dani Rama, e que é unha das siareiras máis fieis do club blaugrana.

Así o anuncia o presidente Chus Caamaño Riomao, que esplica que foi un grupo de xogadoras da zona as que chamaban ao club para propoñerlle esta aventura. E un club como o esteitán, berce futboleira máis antiga do Concello de Muros, e onde actualmente hai máis de 800 socias e socios, e cunha media de 300 persoas no campo cada fin de semana, non podía poñerse de costas e vai afrontar o reto.

Á fronte do barco vai estar Fran Figueroa, que xunto con varias xogadoras manterán unha independencia para un proxecto con fortes cimentos.

Así, unha vez rematada a competición, o club fará unhas xornadas de portas abertas e un amigable de presentación.

Comentarios