Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Terceira: O Porteño volve á cima

Dende o seu ascenso na 2014-15, non pisaba o Porteño a pole position desta Terceira Autonómica que leva xa máis dun cuarto de primeira fase xogado. O sorprendente tropezo do Corcubión lle devolve a esa cima dende a que xa mira, en solitario, ao resto de equipos.
Castrelo Xallas B
Castrelo Xallas B
Terceira: O Porteño volve á cima

Corcubión 2 – 0 Ameixenda

Corcubión: Peipu; Elihu (Iago Lema, 60’), Mario, Joaquín (Trillo, 54’), Torices (Guilhe, 87’); Gorka, Rubén Castillo, Goche (Luisete, 45’), Tano; César e Adri Castro (Martín, 81’).

Ameixenda: Rivers; Castrexe, Capelo, Chapu, Sambade, Kamacho; Elhadji (Pablo, 88’), Piquero (Esteban, 51’), Chucho; Saulo (Alexis, 85’) e Cristian Aguirre.

Goles: 0-1, 44’: Piquero / 0-2, 83’: Castrexe.

Chegou o Ameixenda ao Cubeleiro coas ideas moi claras para intentar sumar unha vitoria que xa lle estaba tardando moito nesta tempada. E enfronte atopouse un Corcubión que, entre baixas e rotacións, non se atopou tan cómodo como viña facéndoo. Así e todo, o dominio foi dos locais, pero non lograron crear perigo ante un Ameixenda moi ben replegado e que aproveitou a calidade de Piquero para facer o primeiro, de vaselina, nun descuido da defensa local.

No segundo tempo comezou moi ben o Corcubión, pero o segundo cartón a Gorka deulle á saos amarelos, que tiveron claras ocasións de gol nos pés de Chucho, Esteban e Saulo, mentres que os locais se limitaban a un xogo demasiado directo. De cara o final unha gran carreira de Castrexe remataba co 0-2 definitivo que provocaba o delirio no banco visitante.

corcu ameixenda

Laxe 3 – 3 Oza

Laxe: Jacobo; Felipiño (Borja Iglesias, 80’), José Ángel, Borja, Elías (Jacinto, 46’); David, Joao (Óscar Toja, 46’), Bieito, Gora; Jorge e Carra.

Oza: Gesto (Javi, 61’); Vilariño, Alejandro, Lista, Josiño; Puente (Gonzalo, 80’), Álex López, Pace; Efe (David LP, 53’), Suso e Kevin (Carlos 60’).

Goles:  0-1, 6’: Álex López / 1-1, 13’: Gora / 1-2, 37’: Pace / 2-2, 42’: Carra / 2-3, 84’: Pace / 3-3, 94’: Carra.

Trepidante partido o que se viviu en Laxe e que se viu ensuciado pola lamentable pelexa final con algúns afeccionados, incluso, involucrados. No verde, o Oza comezou moi ben, adiantándose cun gran gol de volea de Álex López tras un córner, pero o Laxe empataba por medio do incombustible Gora. Parecía que ía acabar así o primeiro tempo, pero tras parar un penalti e o primeiro rexeite, Jacobo nada podía facer ante o segundo rebote, que foi o gol de Pace ao que aínda respondeu o Laxe nun barullo na área.

A segunda metade foi menos aberta, cos dous equipos concedendo poucos espazos. Pero outra vez Álex López adiantaba aos visitantes antes de que, no último minuto, o Laxe aproveitase unha falta na frontal da área para facer o definitivo empate.

Camelle 3 – 5 Porteño

Camelle: David; Huchiño, Pablo Barbeito, Nico, Ruso (Snacky, 66’); Felipe (Diego, 81’), Miguel Riveiro, Rodri, Adrián Pasantes (Martín, 27’); David Vieites (Carlos Suárez, 75’) e Carlos Dido.

Porteño: Mariolo; Pejo, Caamaño (Ibrahima, 87’), Manoliño, Cachi; Ángel, Vicente, O Bello, Edgar (Marquiños, 57’); Martín (Brais, 72’) e Alan.

Goles: 0-1, 4’: Huchiño, en propia meta / 1-1, 8’: Adrián Pasantes / 1-2, 29’: Edgar / 2-2, 37’: Miguel Riveiro / 2-3, 49’: Manoliño / 2-4, 69’: Manoliño / 3-4, 90’: Pablo Barbeito / 3-5, 94’: Brais.

Partido de tolos o que se viviu nun Rodeiro que viviu unha importante afluencia de xente para ver o derbi camariñán da terceira. E no primeiro tempo se algo non faltou foi emoción, porque o fútbol directo ocasionado por ambos propiciou moitas ocasións e disparos a porta, pero ningún equipo puido levar vantaxe ao vestiario.

Non obstante, na segunda parte, o Porteño amosou as armas que o sitúan como un dos favoritos para o ascenso, arrollando aos locais durante os primeiros 25’, nos que Manoliño se converteu na estrela grazas a dous tremendos golazos (un gol olímpico incluído). No último minuto descontou o Camelle pero aínda tivo tempo Brais para sentenciar no desconto e poñer a este Porteño líder en solitario.

Sp Seaia 3 – 3 Pereiriña

Seaia: Anxo; Hugo (Fabián, 78’), Martín, Jorge, Anxo; Iván, Toni (Mario Pose, 60’), Manu Garrido (Isaac, 80’); Álex Mato, Luis (David Muíño, 75’) e Juni (Dimaga, 65’).

Pereiriña: Nil; Tonecho (Maelo, 74’), Jose, Dani Costa, Fabián Cheo; Tebo (Ézara, 90’), Carlos Leis, Esteban Jaiolo, Chiru; Tito (Rubén Yaya, 69’) e Roy (Brais Lagoa, 69’).

Goles: 1-0, 17’: Juni / 1-1,23’: Tebo / 2-1, 25’: Iván / 3-1, 43’: Juni / 3-2, 44’: Esteban Jaiolo / 3-3, 75’: Chiru.

Choque ao que ambos bandos chegaban con necesidades. O Seaia a de impulsarse na clasificación e saír deses postos baixos e a do Pereiriña de levantarse dun duro golpe como foi a derrota ante o Corcubión na casa. E así saíron os dous conxuntos dende o comezo a polo partido. O dominio era dos visitantes, pero as máis claras eran dos locais, que lograban atinar ata tres veces para irse ao descanso cunha vantaxe mínima

Retocou varias cousas entón Emilio Corzón, que tomou riscos que lle puideron custar caros, pero que lle saíron de cara. Chiru seguía coa súa racha goleadora e empataba no 75’, pero a expulsión de tres xogadores no final baixou as marchas do partido e deixou o empate no marcador.

Xallas B 3 – 1 Castrelo

Xallas B: Álex (Brais, 58’); J Miguel, Nando, Jota, Balsita; Geli (Rodri, 58’), García; Becerra (Jairo, 76’), Stiven, Doriño (Iván García, 76’); Kevin (Luis, 55’).

Castrelo: Agustín; Conde, Esteban (Rubén, 72’), Luis Roget (Capote, 43’), Iván Chans; Esteban Lado, Miguel, Sebas, Gustavo (Picallo, 34’); Roi e Cristian Canosa.

Goles: 1-0, 56’: García, de penalti / 2-0, 67’: Geli / 2-1, 78’: Capote / 3-1, 89’: Nando.

xallas b castrelo

Colle forte impulso o Xallas B, ao que lle custara arrancar na categoría, con dúas vitorias consecutivas co mesmo resultado. A de esta semana costou, ademais, moito esforzo e suor, pois os de Santa Comba non foron quen de abrir o marcador ata a segunda parte ante un Castrelo que estivo moi ben ordenado e que, pese as lesións sufridas, tivo ocasións para facer algo máis.

Así, un penalti transformado por García á saída dos vestiarios decantaba a balanza para os locais, que pronto acadaron o segundo a través de Geli. O Castrelo, obrigado a ir arriba, respondeu co gol de Capote pero, cando máis estaban arriscando, chegou a sentencia de Nando.

Comentarios