Recunchos da Costa: As Illas Lobeiras
Un dos espazos máis máxicos da comarca sitúase no medio da ría de Corcubión. Entre o triángulo que fan o Monte Pindo, o Cabo Fisterra e o Cabo Cee, flotan no medio do Atlántico as Illas Lobeiras. Pertencentes ao concello de Corcubión, pero máis preto da costa carnotá, son un fermoso arquipiélago formado pola Lobeira Grande e a Lobeira Chica, escoltadas polo Carrumeiro.
Tamén ten faro (construído en 1906) a Lobeira Grande, automatizado dende hai anos, ata cando alí vivía o fareiro e a súa familia en crúas condicións.
Aquí houbo importantes naufraxios, mercantes gregos, o Polymia en 1904 e anos antes, no mesmo sitio, o Skuld en 1901.
É un espazo moi pequeno (as dúas illas non superan as 7 hectáreas), pero de area fina e branca e augas frías e cristalinas. Un lugar moi querido pola veciñanza. Lembran os xa non tan novos como realizaban viaxes en familia e pandilla a pasar uns días polo verán, cunhas potas, moita bebida, e comendo ourizos ou peixe.
A día de hoxe, para poder chegar oficialmente podes contactar, durante o verán, coa Taximar Robinson da Lobeira – Navieira Jalisia, ou a lancha de Fish-Terra, que tamén fai pesca pola zona, e mesmo poderías conseguilo a través de Buceo Finisterre, mentres que Cruceros Fisterra fai viaxes pola pola, pero sen parada.
Do nome, e a pesar das historias, reais, sobre os raposos das Lobeiras, hai varias teorías. Por unha banda crese que en épocas anteriores estivesen habitadas por lobos mariños. Mentres que por outra banda, os mariñeiros consideraban estas illas un perigo para a navegación, esperaban agachadas como un lobo a que un barco chocase contra elas.


MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- As Illas Sisargas.
- O Faro e o Monte Louro.
- Praia de Mar de Fóra.
- A Punta da Barca.
- O Faro de Laxe.
- Faro de Punta Nariga.
- O panal de Sendón.
- Praia do Restrelo.
- O Miradoiro do Monte Facho.
- Praia da Arnela.
- Cabo Fisterra.
- Cabo Touriñán.
- Praia do Lago.
- A Mexadoira.
- A praia do Rostro.
- Lires.
- Área recreativa de Pedra Vixía.
- A ruta dos Pinos no mar.
- A ruta das pegadas do río Bradoso.
- O Miradoiro de Cereixo
- Pedra da Arca
- Arca da Piosa.
- Pedra da lebre
- Dolmen de Pedra Moura.
- Pedra Cuberta.
- A Casota de Freans.
- San Fins do Castro.
- As lagoas das antigas minas de caolín de Vimianzo.
- A Lagoa das Xalfas.
- As Caldeiras do Castro.
- A Carballeira de Baio.
- O Faro Lariño.
- A praia de Barizo.
- Os Petróglifos da Fieiteira.
- Pedra da Serpe.
- As dunas da Barra.
- Caión.
- O Monte Branco.
- A Torre do Faro de Brantuas.
- A aldea medieval de Riobó.
- Cabo C ou Cabo Cee
- A Fervenza de Castriz.
- A praia de Niñóns.
- Praia de Gures.
- Os Secadoiros de Congro de Muxía.
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira de Ardeleiro.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.