Martes. 19.03.2024
El tiempo

Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”

Tolo de Fisterra coa sua familia
Tolo ca súa familia, o seu ben máis prezado
Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”

Non fai moito vestía a camisola de porteiro sobre o céspede de Ara Solis. Pero non puido deixar o fútbol. Jose Manuel Alvárez Fernández, “Tolo”, subiu aos despachos o ano pasado e leva en volandas ao seu SD Fisterra.

Foi recuperando “fisterranía” para o seu proxecto, ata pegar o salto a unha Preferente, na que ten un choque chave este domingo. Visita ao líder, o Viveiro, e unha vitoria colocaríao no liderato, un fito verdadeiramente histórico para a vila do Cristo.

 
  • QPC: Despois deste magnífico início de tempada do Fisterra, como te apotas persoalmente?

Moi orgulloso e agradecido, primeiro de todo o pobo, de todo o club e sobre todo do persoal do primeiro equipo, que están respondendo ao que se lles pediu que non foi outra cousa que a permanencia. Tamén me sento moi agradecido coa miña familia porque eles saben todo o que traballei e teño sufrido desde o primeiro día que cheguei ao club, o cal considero a miña casa, porque foi onde empece a xogar ao fútbol, sen a miña familia, que é a que me empuxa cada día a estar con máis gañas. Moitas das cousas que conseguín no fútbol non serían posible sen eles.

 
  • QPC: A día de hoxe o Fisterra é un equipo respectado na categoría. Este cambio nótalo cando os equipos visitan Ara Solis ou cando sodes visitantes?

Somos un equipo, esa sería a palabra adecuada, o respecto débese ter sempre ao rival e o rival a nós. En canto a que si nos gañamos un pouco de prestixio, por chamalo dalgún xeito, pois pode que si, sinceramente creo que somos, xunto ao Mugardos, o equipo revelación desta categoría tan igualada en canto a equipos.

 
  • QPC: Polos resultados que estades a ter, parece claro que fixeches un bo traballo. Quédache algunha espiniña cravada con algú xogador que che gustaría ter fichado e finalmente non puideches?

Bo traballo terá que valoralo a directiva ao final da tempada, isto non fixo máis que empezar como quen di. Logo en canto ao de si me quedo algunha espina con algún xogador, considero que non, cando se abra o mercado de fichaxes fago unha criba de xogadores por posto, afortunadamente puiden lograr traer ao primeiro da lista en cada posto, pero son consciente de que algún día será o contrario, hoxe estás arriba e mañá abaixo, entón hai que gozar o momento.

 
  • QPC: Que é o máis bonito do duro traballo de traballar nos despachos, co teléfono…? E o máis desagradable?

O máis bonito é cando o xogador que desexas traer ao club acepta asinar, nas condicións que o club pode, logo vés que rende e acertaches, porque detrás de cada xogador que se incorpora hai moitas horas de ir velo e de ver como é. Persoalmente penso que o máis importante para un club está en fichar a boa xente e si ademais son bos futbolistas, con iso me doi máis que satisfeito.

 
  • QPC: A nivel club, cal é o proxecto do Fisterra?

O proxecto en si era ascender en 2 anos de 1ª a Preferente, por sorte e grazas ao traballo de todos os que formamos o club, hai moita xente “invisible”, por chamalo dalgún xeito e que non sae á palestra por exemplo directivos, o da lavandería, os utilleros, masaxistas… sen o bo traballo desa xente "invisible" que fai moito porque o fútbolista estea cómodo, e só se preocupe de render, non sería posible nada do que se logrou. Agora o obxectivo desta tempada segue sendo a permanencia, despois si segue así na clasificación, en marzo xa veremos si o obxectivo cambia ou segue sendo o mesmo.

 
  • QPC: Como se consegue dar ese salto económico que implica un proxecto así nunha vila como Fisterra?

Co apollo de todo un concello e sobre todo ao gran traballo dunha directiva que sae a patear cada rúa do concello, cada comercio, cada empresa. Hai moito traballo desa xente "invisible" como che mencionei antes que a xente non ve, pero que sen eles non sería posible estar onde estamos, e é máis lles pasa como no meu caso, roubámoslles tempo ás nosas familias, porque creemos nun proxecto de club.  

  • QPC: Seica o Fisterra ten unha serie de socios protectores do máis coñecidos?

Pois a verdade é que temos socios tan famosos como Tino Fernández, José Sambade, Natxo González… Chegan gracias a Gestifute, empresa de representación para a que fago de ˝ojeador” e que colaboraron con certo material deportivo. Pero os máis importantes, os que máis nos axudan economicamente a levar isto adiante son os socios protectores como o Semáforo, O Centolo e Talleres Quino.

 
  • QPC: Valórame o traballo de Juan Jesús, Ángel Canosa e, por suposto, os Rapacollóns?

Primeiro, sen os Rapacollóns non somos nada, están sempre aí nas duras e nas maduras. Do míster, que che vou a dicir, que si o confío en min proxecto cando fun a firmalo e está respondendo con fartura, só teño palabras de agradecimiento para el, primeiro como persoa, logo como adestrador, oxalá sexa o Alex Ferguson do Fisterra.
O presidente, Juan Jesús, un fenómeno, así como o resto da directiva, sobre todo os que saen a pedir aos socios, colaboradores, etc, son xente moi traballadora. O Presi soubo formar unha boa directiva e é un fenómeno en todo, na súa parcela como presidente, un bo xestor, non hai máis que ver como leva o club desde anos para atrás, isto non é flor dun ano, senón de moitos anos facendo ben as cousas para o club, o primeiro, o presidente.

 
  • QPC: Como valoras a implicacion do Concello e tamén do pobo de Fisterra? levan anos estando as boas… estarán tamén cando chova??

Do pobo e as aldeas, que vou dicir, só teño palabras de agradecimiento. E do concello, van respondendo ao que se lles está pedindo, podían estirarse un pouco máis económicamente, pero non hai queixa, van cumprindo co que se lles está pedindo. Non hai cousa máis bonita que remar todos para o mesmo lado.

 
  • QPC:. E a nivel persoal, cal é o teu proxecto? Ata cando seguirás nese posto de Director Deportivo?

Ata que a familia e o presidente queiran. Logo, no fútbol estás exposto aos resultados, e eses resultados son os que mandan separadamente da familia, que é o máis importante e máis preciar que teño nesta vida.

 Tolo ca sua familia coa Copa da Costa ganada ao Dumbria
Tolo ca súa familia coa Copa de campión da Primeira
  • QPC: Podería seguir medrando Tolo como director Deportivo e saír do Fútbol da Costa para chegar a cotas máis altas?

Non teño que pensar niso agora, só penso no día a día e en seguir loitando para, primeiro que o club siga crecendo, e segundo para non deixar de soñar con estes xogadores, que son os auténticos protagonistas de todo.

Comentarios