Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Trofeos da Mostra da Olería quedaron en Cerqueda

Torneo da Oleria
O equipo feminino da UD Cerqueda
Os Trofeos da Mostra da Olería quedaron en Cerqueda

Este domingo tivo lugar, no marco da feira, o torneo de fútbol “Mostra da Olería”. Pola mañá desputábase o torneo feminino, do que resultou gañador o UDC Cerqueda. O alcalde , Eduardo Parga, entregou o Trofeo da Mostra ás campioas do UD Cerqueda e Alfredo Cañizo, tenente alcalde do Concello de Malpica e concelleiro responsable da Mostra, entregou o trofeo o UD Xuvenil de Almeiras.

O torneo Masculino celebrouse pola tarde, coa participación de 3 equipos do Concello (o Malpica está inscrito en competición pero aínda non xuntou xente suficiente) do que quedou campión o UD Cerqueda (4 puntos e 2 goles a favor) o Buño SCD foi segundo (4 puntos e 1 gol a favor) e en terceira posición quedou o Sporting Seaia CF (0 puntos). Noelia Freijeiro, concelleira de Deportes, entregou o premio o equipo campión UD Cerqueda
Eduardo Parga, alcalde de Malpica, entregou o trofeo ao Buño SCD que quedou de segundo e Alfredo Cañizo, tenente alcalde e concelleiro responsable da Mostra de Olería ao terceiro clasificado Sporting Seaia CF.

Trofeo Oleria Buno 2022 a
Foto de familia dos equipos malpicáns

Comentarios