Luns. 14.10.2024
El tiempo

A XORNADA

Unha nova xornada co carrusel do #FútboldaCosta

Derbi entre Baio e Esteirana
Imaxe do derbi entre Baio e Esteirana
Unha nova xornada co carrusel do #FútboldaCosta

Nova xornada do #FutboldaCosta, e novo e emocionante carrusel o vivido nas plataformas dixitais de QPC! Unha xornada vibrante, con partidos de tolos como o do Sofán, con emoción ata o últimos suspiro como o do Mazaricos en Muros, ou o derbi comarcal de 1ª do Platas Reinoso.

Era precisamente ese Baio-Esteirana o partido protagonista da nosa previa (entrevistamos a Norberto e Codesido) e rematou cunha vitoria local que complica a remontada do cadro blaugrana.
Ademais, na 1ª, o Fisterra non perde comba cun Sigüeiro que tampouco falla, mentres Soneira tamén vencía con remontada e o Dumbría non pasaba do empate na casa.

Na Preferente, o Carral viviu un partido de tolos. En apenas media hora o marcador colocábase 1-4 pero coa SD fallando innumerables ocasións, e de feito estivo a piques de culminar unha remontada espectacular. O Xallas tamén perdía na casa e segue decidido a complicarse a a vida.

Na Liga da Costa, o líder Mazaricos tivo en vilo toda a xornada á súa parroquia e tivo que remontar ante un Volantes que viña como unha verdadeira moto e que se metía por diante. Non fallou por detrás o Corme, que queda a 3 puntos, deixando agora ao cadro muradán a 10 do liderato e a 7 do cadro cormelán.
Por abaixo a xornada volveu ser boa para o Lira (terceira vitoria seguida), e deixa ao Cee un fío de esperanza ao vencer o derbi co pechacancelas Ameixenda.

Na 3ª, despois do ratificado ascenso do Coristanco, a atención céntrase en comprobar se o Cabana aguanta as embestidas do Castriz pola segunda praza de ascenso directo (ambos gañaron) e quen serán os outros tres equipos que xogarán a promoción. Porteño, Outes e Camariñas teñen moitas papeletas pero Castrelo e Laxe non tiran a toalla.

Comentarios